V Xornada Galega de Nais e Pais. Educando en Igualdade

46

[RTVi-As Pontes] Este ano as xornadas márcanse o obxectivo de contribuir á resolución das distorsións de convivencia, orixinadas pola repartición desigual de responsabilidades entre homes e mulleres no ámbito político, laboral, social e moi particularmente no eido familiar.


O Servicio Galego de Igualdade organiza para o vindeiro sábado 12 de Xuño a “V Xornada Galega de Nais e Pais. Educando en Igualdade”.
As charlas obradoiros previstos versarán sobre as situacións de conflicto, a mediación como recurso non violento na relación familiar, a importancia dos afectos para o crecemento persoal, a corresponsabilidade no ámbito familiar, e os valores como elemento troncal do coñecemento doméstico.
As inscricións para tomar parte na V Xornada Galega de Nais e Pais, educando en igualdade” teranse que facer ata este sábado, día 5, no Servicio Galego de Igualdade, en Santiago, ou senón a través do correo electrónico seminario.educación.igualdade@xunta.es.
Co obxecto de facilita-la asistencia dos pais e nais ás actividades formativas previstas, porase á súa disposición un servicio de atención a menores, con diversas actividades lúdico-formativas.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios