Máis aclaracións sobre a polémica subida de velocidade do ADSL

27

Lendo codigocero.com:
“O mercado está en continuo movemento, aínda que parecía que non existía competencia no ADSL , con case tódalas operadoras ofrecendo os mesmos prezos polo mesmo servizo. Pero agora comezaban a sair operadoras que operaban a través da rede eléctrica (PLC) ou outras que, polo mesmo prezo dun ADSL de 256 daban unha conexión de 1 Mbps de ter o cliente a súa conexión telefónica nunha das centrais desagregadas de Telefónica polo operador. En toda esta voráxine, o Goberno prometía que ía estudiar en xuño a posible rebaixa dos prezos do ADSL… pero adiantouse Telefónica.”…


…”Agora Telefónica pediu á Comisión do Mercado das Telecomunicacións que lles permitan duplicar o ancho de banda das súas conexións ADSL mantendo o prezo (excepto as conexións de 2 Mbps, que baixarían o prezo, porque aínda non se comercializan os 4 Mbps en España, aínda que poderían chegar en breve).
A CMT ten un máximo de 3 meses en respostar á petición de Telefónica, aínda que Víctor Domingo, presidente da Asociación de Internautas, declarou que a CMT non debería tardar nin 10 minutos en aprobar a petición.
Aínda así, o cambio non é como moitos agardan, xa que o incremento da velocidade só sería na descarga de Internet, mentres que a velocidade no outro sentido quedaría igual, polo que a conexión básica sería de 512 Kbps de baixada e 128 Kbps de subida (por 39 euros). Do mesmo xeito, a conexión de 512 pasaría a ser de 1.024 Kbps de baixada e 300 Kbps de subida (75 euros) e a conexión de 2 Mbps (con 300 Kbps de subida) baixaría o seu prezo a 120 euros. Tamén se contemplaría a creación dun ADSL de 4 Mbps, que custaría 150 euros ó mes.
Hai que lembrar que polo momento non está aprobado nada, xa que a percepción dos usuarios dunha mellora na súa conexión resposta a unha fase de probas técnicas que está a facer Telefónica de cara a unha mellora das súas infraestructuras, que podería supor para a compañía un desembolso de 100 millóns de euros.
Non faltan inconformistas que continúan a comparar a oferta do ADSL en España con outros paises de Europa. Así, varios usuarios franceses comentaron que por 29,99 euros ó mes tiñan ADSL de 1 Mbps, acceso a 50 canles de televisión e un teléfono sobre IP que permite realizar chamadas de balde a todo o Estado (e conta con promocións para chamadas a móbiles e ó estranxeiro) engadindo que non teñen que pagar nin alta, nin alugueres de dispositivos. Incluso indican que hai operadoras vendendo ADSL de 2 Mbps por 15 euros ó mes.
A preocupación tamén chega ós usuarios de cable (incluso ós galegos) que non saben cómo reaccionará a súa compañía contratada ante o cambio de condicións de Telefónica co ADSL.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios