O Centro de Investigación Nuclear e a Xunta de Extremadura estudian a colaboración en Novas Tecnoloxías

76

Lendo consulta.net propóñovos unha nova realmente espectacular:
“Responsables e técnicos do Consello Europeo para a Investigación Nuclear (CERN) e da Xunta de Extremadura celebron o luns e o martes unhas sesións de traballo en Mérida. O I Encontro CERN-Extremadura (gnuLinex) para extudiar e establecer un marco de colaboración entre ámbalas dúas institucións; tanto na difusión dos seus traballos científicos coma no desenvolvemento tecnolóxico; así como analiza-la posible participación da Comunidade Autónoma nos proxectos do CERN”…


…”O xefe da Unidade de Transferencia de Tecnoloxía e Educación do CERN, Juan Antonio Rubio, explicou que o centro, adicado á investigación da Física de Partículas, tivo unha especial importancia no desenvolvemento das novas tecnoloxías, como a creación da World Wide Web (www); unha invención de Tim Berners-Lee, coa colaboración posterior de robert Caillau, ambos do CERN.
[…] Os problemas que se plantexan na actualidade con vistas ós experimentos que se realizarán no novo acelerador, son relativos ó almacenamento dunha inxente cantidade de datos (10 PB/ano) e á necesidade de contar cunha potencia de cálculo elevada para poder realiza-la sua análise. A solución que se propón é a utilización da tecnoloxía GRID, que ten como finalidade o aproveitamento dos recursos informáticos distribuidos xeográficamente por todo o mundo, co que o usuario disporá dun ‘superordenador’ dende o seu terminal.”…
Fonte: consulta.net

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios