A 1ª WLAN Intermunicipal de Europa

49

Lendo wireless-station.com:
“Recentemente instalaron, na provincia de Córdoba, a primeira WLAN intermunicipal de Europa. Instalada na provincia de Córdoba pola Mancomunidade de Municipios Campiña Sur de Córdoba, da cobertura WiFi a 100.000 habitantes!!, 300 colectivos sociais e económicos de 11 municipios!!, sobre unha extensión de 1.097 km cadrados.”…


…”Este proxecto foi financiado polo PRODER (PROgrama de Desenvolvemento Endóxeno de zonas Rurais de Andalucía) e promovido polo Grupo de Acción Local Campiña Sur de Córdoba, con sede en Montilla (Córdoba).
Segundo o seu xerente, José Jaraba, esta rede da acceso a ‘servicios compartidos de administración electrónica, videoconferencia, telecontrol e televixilancia, con tecnoloxía inalámbrica a 54 Mbps, o que é o maior triunfo logrado ata agora en toda Europa e coa garantía de certificación electrónica da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT)’.
[…]
Unha das ventaxas que adquiriron estos 11 concellos é a de telefonía IP, sen custe de chamada e sen impacto visual, urbanístico, medioambiental nin patrimonial que crea o cableado e a fibra óptica.
Fonte: wireless-station.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios