As Pontes opta a un dos premios ECOMED, que se entregarán este luns no Forum Barcelona

73

[RTVi-As Pontes] Os premios Ecomed buscan recoñece-lo esforzo dos concellos e doutras administracións no ámbito do desenvolvemento sostible, ben porque teñan
ideas novidosas ou ben porque xa estean levando a cabo proxectos de
sostenibilidade.


Ese é o caso das Pontes, que presentou a estes premios o seu plano estratéxico de actuación. O xurado dos premios convocados pola Fundación Fórum Ambiental valorou especialmente o capítulo adicado á implantación das enerxías alternativas. Un proxecto a longo prazo que xa se desenvolve no noso concello e que lle serviu a As Pontes para ser preseleccionada dentro da categoría de cidade máis sostible por ter desenvolvido algunha actuación anovadora e outras con incidencia ambiental.
O luns saberase quen leva o premio pero, por se acaso, o concelleiro de Facenda Ramón Gato xa se atopa en Barcelona para asistir ó acto de entrega dos galardóns, que terá lugar o luns no marco da xornada titulada “Diálogo sobre desenvolvemento urbano, tendencias en Nova Iorque e Barcelona”. Ós premios optan máis dun cento de candidaturas de todo o Estado. Ó acto, que se desenvolverá no Forum Barcelona 2004, asistirán a ministra de medio ambiente, Cristina Narbona e o alcalde de Barcelona, Joan Clos.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios