Comisión seguimento da Minería

40

[RTVi-As Pontes] Catro proxectos empresariáis na nosa vila, e outros vinte radicados noutros concellos, considerados mineiros ou limítrofes, recibirán axudas do Instituto para a Restructuración da minería do Carbón.
Os proxectos empresariáis de Einsa, talleres Acesán, carpinteiría metálicia As Neves e Acerías As Pontes son as iniciativas que se presentaron ás últimas convocatorias do miner. Este luns pasaron polo trámite da Comisión de Seguimento do Plan da Minería do Carbón, na que están representantes da Xunta e dos Sindicatos UGT e CC.OO.


Na última convocatoria presentáronse un total de 24 proxectos xeradores de emprego, tanto nas Pontes e Cerceda, que son municipios mineiros, pero tamén nos limítrofes, como o caso das Somozas, Laracha, Xermade, Ortigueira, Carral, Carballo e Culleredo.
O investimento total é de 100 millóns de euros, e implican a creación de preto de 500 empregos. O maior volume en canto á creación de emprego corresponde á empresa Fiberblade, de As Somozas, con 200 postos de traballo, e tamén o de Edicións Informatizadas, Einsa, con 645 empregos. Mentres que o resto de proxectos varía entre os 3 os 18 traballadores.
Esta comisión se seguimento tiña o obxectivo de establece-la orde de prioridade e as puntuacións dos proxectos, que se establecen en función de criterios como onde se localiza o investimento, a perda de postos de traballo na minería ou tamén a capacidade para xerar emprego.
A representación sindical manifestou tamén nesta reunión que está demorándose moito a execución da estrada Goente-As Pontes, o que a Xunta achacou a que está pendente un informe da Consellería de Obras Públicas. Sen embargo, a este respecto cómpre sinalar que as obras neste vial xa comezaron hai algúns días.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios