FESTAS E CELEBRACIÓNS CELTAS.

121

O calendario celta:
O calendario celta baseábase na lúa e mais no sol, con meses equivalentes a ciclos luares e anos con cantidades variables de meses, có fin de axustar os períodos (5 anos de 62 meses) ás estacións. Ese axuste consistía en meter 2 meses de 30 días en cada lustro, o primeiro chamado Mid, e o outro, dous anos e medio despois, Ciallos. En cada século, de 30 años, suprimíase un mes intercalar, co que se acadaba unha duración media de 365,2 días por ano, case que tan axustado coma o noso.
O ano céltico tiña 2 semestres, o primeiro escuro ou de mal tempo (de novembro a abril) e o outro claro ou de bo tempo (de maio a outubro). O primeiro mes do ano, Samon(ios), comezábase coa festa de Samain ou Trinox Samoni, corenta días despois do equinoccio de outono (22 de setembro), e que despois foi “recollido” polos cristiáns coma festa de tódolos Santos. O primeiro mes do segundo semestre tamén comezaba con outra festa, da Árbore de maio ou Flores de maio, corenta días despois do equinoccio de primavera (21 de marzo). Cada mes tiña 2 quincenas, aa segunda delas centrábase na lúa nova ou Atenoux. Os celtas contaban os días a partires do solpor, tal e como di César na Guerra das Galias.
Os galos afirman que ser descendentes de Plutón e que iso foilles transmitido polos druídas. Po iso todo lles conta segundo o número das noites; os aniversarios de nacementos e os comezos dos meses e dos anos, contan como que o día segue á noite. Os druídas chamaban ós meses segundo o nome da árbore que florecía ou froitificaba na época correspondente; os anos de 13 meses tiñan a seguinte relación coas árbores:


Beth : Bidueiro : do 24 decembro ó 20 xaneiro.
Luuis : Serbal : do 21 xaneiro ó 17 de febreiro.
Nion : Freixo : do 18 febreiro ó 17 marzo.
Fearn : Ameneiro : do 18 marzo ó 14 abril.
Saille : Salgueiro : do 15 abril ó 12 maio.
Vath : Espiño albar : do 13 maio ó 09 xuño.
Duir : Carballo : do 10 xuño ó 07 xullo.
Tinne : Acivro : do 08 xullo ó 04 agosto.
Coll : Abeleira : do 05 agosto ó 01 setembro.
Muin : Vide : do 02 ó 29 de setembro.
Gort : Hedra : do 30 setembro ó 27 outubro.
Ngetal : Carrizo : do 28 outubro ó 24 novembro.
Ruis : Sabugueiro : do 25 novembro ó 22 decembro.
No principio e durante moito tempo os pobos celtas foron eminentemente cazadores e gandeiros, non labregos, motivo polo que encomendaban este traballo ós pobos autóctonos debaixo do seu dominio ou ben ós membros da tribo non útiles na caza ou na gandería.
As festas eran actos sociais e tiñan lugar 40 días despois dun solsticio ou dun equinoccio. Dependendo da singularidade da festa, ben podían ser competicións, verdadeiras orxías, ou simplemente xuntanzas para debater; aproveitaban as festas para dirimir preitos, contratar especialistas ou, sinxelamente, pasalo o mellor posible en todos e con tódolos sentidos. Aínda que hai quen colla isto coma desculpa, o certo é que, para chegar ó outro mundo, unha das razóns de algúns festexos, abusaban da comida , da bébeda e de certas infusións alucinóxenas; un sutil xeito de chegar ó coñecemento e á sabedoría, ó seu entender. As festas eran o mellor momento para transmitir, de xeito oral, as tradicións a traveso de recitais bárdicos, de contar contos e lendas, á calor e a luz das fogueiras; có doce sopor producido polo consumo de hidromel, viño e toda clase de brebaxes máxicos, todo iso acrecentaba o erotismo dos presentes e medraban na actitude vital de pobo celta, sen esquecer, a lexitima das xuntanzas amorosas e ó permisivos que eran os druídas neste aspecto social. Para os celtas, que entendían perfectamente a vida na natureza e fixeron dela a súa relixión, as apetencias sexuais eran tan importantes coma as súas inquedanzas espirituais; e o descoido ou o desprezo da muller nos seus requirimentos para ter unha relación sexual, era considerado unha vergoña, cando non unha deshonra, para o home, que solícito había de atender en todo intre a estes requirimentos femininos xa que así llo demandaba a vida, e moi en concreto, a súa tribo, seguindo as indicacións do seu destino.
Samain:
Celebrábase o primeiro de novembro. Samauhin ou Samail “fin do verán”, lembraba a chegada do frío e rendíase culto ós mortos ao lembrar o cruel sacrificio dos refén nados ai ido Crom Cruach. Era a primeira noite do ano novo, dedicada ó Dis Pater, Dagda, na demanda de fertilidade e abundancia. Era a festa mais popular e concorrida das catro festas principais celtas. Duraba tres días e, nestas datas era cando os mortos podían poñerse en contacto cos vivos e xuntarse, unhas horas con eles. Irlanda acendía un lume no medio dos poboados e a el acudían as xentes para que activasen un novo lume nos seus fogares. Neste primeiro de novembro, Dagda xuntábase coa deusa Morrigu, dona dos espectros e quen lle dera ó seu amante as indicacións precisas para gañar aos fomore, tamén seres demoníacos. Segundo o sistema de fecundidade e dos mundos infernais, a xuntanza de Morrigu, con Dagda, o bo deus, expresa a relación entre sexualidade e fecundidade, motivo polo que estas celebracións tiñan un marcado carácter agrícola. Contase que Dagda descubriu a Morrigu cando ela se ía bañar no río Unius, e fixeron o amor non lonxe das augas, nun lugar que aínda hoxe se coñece coma “leito do amor”.
Imbolc:
O primeiro de febreiro adicabase á deusa Brigit, coincidindo coa estadía invernal. A esta festa chamóuselle Imbolc e estaba limitada a pequenos poboados que exaltaban as calidades do lume na súa loita contra dos fríos e duros ventos do norte.
Beltaine:
Esa festa celebrábase o primeiro de maio, Cétsamain, débanlle ofrendas a Bel en agradecemento pola volta da plenitude do lume solar. Entraban os celtas no ciclo de maior actividade do ano; momento axeitado para que apareceran fadas e encantos e, por suposto, os temidos habitantes dos bosques coma bruxas e feiticeiros que, rexeitados pola luz, chamaban pola volta da escuridade. Os rituais tamén tiñan ó lume como motivo central. A sementeira prometía boas colleitas e o gando podía voltar ós pastos. Nos rituais do lume, os druídas eran os protagonistas indiscutibles do rito mediante a organización do cerimonial, ríxido e complicado. O rei era o primeiro en acender a fogueira e despois facíano os xefes de aldeas e poboados de todo o país. É, sen dubida, o precedente mais destacado da festa das fogueiras de San Xoán. Entre os xermanos chamábase a noite de Walpurgis, aínda que aquí predominaba o aspecto lóbrego da noite e da escuridade por encima da chegada da luz a un mundo sumido nas ténebras.
Lugnasad:
Ó deus Lug tíñaselle nun alto nivel no olimpo celta. As mulleres collían un protagonismo decidido. A expresión Lugnasad quere dicir “recordo de Lug” e tamén tiñan para a súa nodriza, a princesa Taïtu, filla do rei da Península Ibérica Magmör, quen o coidou ata que puido levar armas. Na honra da dama, o deus estableceu xogos e competicións. Esta festa marcaba o comezo das colleitas e, en Tara, tiña lugar a gran celebración común de tódalas tribos. Con este rito simbolizábase unha primitiva herogamia: o matrimonio do deus Lug coa deusa Terra. Constituía un xeito de entrar, con bos augurios, na estadía invernal.
Outros festexos:
Entre os rituais mais comúns, para aumenta-la fertilidade e a boa saúde do gañador, atopábase o de facer saltar ós animais por encima das fogueiras, a xeito de purificación. Tamén cabe lembrar, pola súa importancia, as xuntanzas que facían na terra dos Carnutos. Alí as tribos discutían problemas xurdidos entre elas e elixíase ó archidruida. Abordábanse cuestións sociais, políticas e económicas e, nos descansos, os asembleístas entregábanse con voracidade ao ocio recreativo. Para rematar, recordar tamén os rituais que se celebraban en Tara, cada tres anos, nos meses de xullo e agosto. Por sela residencia do rei de reis convertíase, durante sete días, no centro de atracción de toda Irlanda e levaban a cabo numerosas cerimonias máxico-relixiosas, con moitas actividades para divertir o espírito e o corpo dos participantes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios