22.-REFEITAS DE CATAPLASMAS.

76

Segunda entrega.


-de Malva para a inflamación da pel, dores artríticos e gotosos: Follas e raíces de Malva, frescas, esmagadas e quentes, aplícanse cun pano de lá na parte afectada.
-de Aliaría para uso interno y externo: Extraer o líquido da aliaría fresca esmagándoa nun morteiro. Ferver medio vaso de auga e cando estea morna engadir unha cullerada sopeira do zume extraído; aplicar en cataplasma sobre das chagas ou feridas. O mesmo extracto, pero sen mesturar con auga, vale para tomar en culleradas (2 despois de cada comida) como diurético, estimulante e ante escorbútico.
-de Bardana: Uso externo para afeccións cutáneas e dores reumáticos: As cataplasmas de Bardana son útiles en afeccións cutáneas como forunculosis, abscesos ou dermatoses escamosas. Igualmente, reduce as dores reumáticas e os producidos por cálculos biliares e diabetes. Para estas aplicacións faise un cocemento de raíces frescas de Bardana nunha pequena cantidade de auga, cando o líquido haxa evaporado batese ata formar unha pasta, que se aplicará sobre da parte enferma repartida entre dúas gasas; debese deixar que actúe alomenos uns 30 minutos. Alternativamente, no caso de úlceras ou feridas, pódense aplicar as follas frescas de Bardana dereitamente sobre da parte afectada, vendando de seguido. No acne, eccemas do coiro cabeludo e seborreas, é axeitado efectuar lavativas a base de cocemento de raíz fresca.
-de Allo antirreumática: Reducir os dentes de Allo a pasta, esmagándoos no morteiro, e poñela sobre da parte doente poñendo encima unha gasa.
-de Cebola ante hemorroidal: Esmagar cebola fresca e mesturala con manteiga de vaca. Aplicar sobre da parte doente.
-de Mostaza para a ciática: Po de sementes de Mostaza negra mesturado con auga morna (nunca superior a 40-50º): obtense unha pasta bastante densa, que aplicase sobre da parte a tratar, prolongando a aplicación segundo os casos. Durante os primeiros quince minutos produce unha dor ardente moi intenso e un forte afluxo de sangue na superficie; alongando a súa aplicación ata 40-50 minutos, obtéñense resultados mais profundos; aínda que, unha acción mais alongada, produciría alteracións na estructura da dermes.
-de lavados de Perexil: picaduras doentes de insectos: Refregar a parte doente con follas de Perexil frescas, ou simplemente aplicar nesa zona unha ou dúas follas frescas esmagadas. Para tratar a acidez do estómago, inxerir despois de cada comida un belisco de sementes de perexil cun papado de auga. Nas dores de moas, e tamén na de oído, abonda meter na parte afectada unha boliña feita por follas de perexil finamente moídas, aceite de oliva e sal de cociña, para obter un rápido alivio da dor.
-de Aceda: para uso externo para os acesos: Mastigar un cachiño de Aceda silvestre calma a sede e cura as inflamación da boca.
-de Celidonia: (Herba verrugueira): anteverrugosa: Esmagar 5-10 g de flores secas nun morteiro ata obter unha substancia amarelenta que se coloca sobre da zona enferma. Repetir a medicación 2 ou 3 veces o día, de preferencia pola noite antes de deitarse e pola mañá cedo. Non se da unha duración porque depende da profundidade e das dimensións da verruga, pero o que si se afirma é que se temos constancia deixaremos de ter verrugas.
-para hemorraxias externas e ulceras varicosas: Moer 50 g de follas e flores secas de Pirola e aplicalas sobre da parte doente.
-contra golpes e torceduras: Collemos 50 g de Agrimonia moída e mesturamola con 200 g de aceite de liñaza, amasamos todo e poñemos sobre da parte doente deixandoo unha hora. Facer esto 2 ou 3 veces o día, a ultima pola noite.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios