Microsoft intenta intimidar ó Goberno brasileiro

46

Lendo glug.es:
“Microsoft está a procesar a Sergio Amadeu, máxima autoridade do goberno brasileiro na implantación de Software Libre. Un funcionario da empresa monopolista en Brasil dispara amenazas destacadas en ‘The New York Times’ en plena semana do V FISL en Porto Alegre.”…


…”Non conforme coa política do goberno brasileiro en defensa do software libre -e que está acabando coa ‘reserva de mercado’ de Microsoft para compras de programas de computadores gubernamentais- a empresa lanza unha ofensiva intentando intimidar ó goberno brasileiro.
En plena semana do maior evento de software libre de América Latina e un dos máis importantes do mundo, o funcionario presidente de Microsoft Brasil, Emilio Umeoka, inicia unha tentativa de intimidación declarando que a decisión do goberno brasileiro de apoia-lo Software Libre nos computadores do sector público está sendo ‘influenciada pola ideoloxía’. O vendedor da mega-empresa-monopolista, Sr. Umeoka, vai máis aló afirmando que a decisión soberana do noso goberno, lexítimamente electo, pode levar ó país hacia unha ‘dirección errada’. A certa, segundo este vendedor, tal vez fora mante-la ‘reserva de mercado’ para a MS no goberno, enche-los petos do home máis rico do mundo e continuar enviando, anualmente, billóns de dólares para o exterior, en forma de pago de royalties, nun país onde 22 millóns de persoas pasan fame e 46 millóns viven na miseria.”…
Fonte:

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios