24.-REFEITAS DE COCEMENTOS (II)

100

Cuarta entrega.


-de Agrimonia para prevención de afeccións da boca e gorxa: Ferver nun litro de auga unha presa de follas secas de Agrimonia, deixando que se vaia evaporando a auga para conseguir un líquido ben concentrado. Adulzar con mel e facer gargaras para prever afeccións da boca e gorxa. Da bos resultados no tratamento de farinxites crónicas.
-de Arraian: vermífugo, emenagogo e contra do estrinximento: A forma de cocemento é o xeito mais eficaz de preparar esta planta. Moer finamente a carapela seca e vella de Arraián en cantidade suficiente para colmar unha culleradiña. Ferver nunha cunca de auga durante un minuto. Deixar repousar uns 15 minutos e coar. Beber antes de deitarse. Coidado: pola súa toxicidade, non debe inxerirse dose superior a 10 gramos ó día.
-Cicatrizante de Abeleira, útil en feridas tórpidas e úlceras varicosas: Cocedura de follas e carapela de ramas novas de Abeleira: mestúranse de 30 a 40 g por litro de auga. Ferver durante 3 minutos, e deixar repousar durante outros 15. Tómanse de 1 a 2 cuncas diarias. Observación: As Abelás teñen un lixeiro efecto hipertensor (soben a presión arterial), polo que, quen padecen de hipertensión non deben abusar delas. Isto pode ser prexudicial para aquelas persoas que son hipertensas e que utilizan as avelas para baixar de peso, dado que estas depuran o organismo e provocan unha baixada de peso como consecuencia da sudoración.
-de Abeleira para facilita-la circulación do sangue de retorno no sistema venoso: Cocedura de acios de Abeleira: Prepáranse 50 g de acios primaverais por litro de auga. Ferver 5 minutos e deixar repousar outros 15. Filtrar. Unha cunca despois de cada comida, como sudorífico e adelgazante. Observación: As Abelás teñen un lixeiro efecto hipertensor (soben a presión arterial), polo que, quen padecen de hipertensión non deben abusar delas. Isto pode ser prexudicial para aquelas persoas que son hipertensas e que utilizan as abelás para baixar de peso, dado que estas depuran o organismo e provocan unha baixada de peso como consecuencia da suoración.
-para Compresas de Abeleira: Cocedura de 50 g de follas e carapela de Abeleira nun litro de auga, empápanse ben para aplicalas sobre das zonas afectadas. Observación: As Abelás teñen un lixeiro efecto hipertensor (soben a presión arterial), polo que, quen padecen de hipertensión non deben abusar delas. Isto pode ser prexudicial para aquelas persoas que son hipertensas e que utilizan as avelas para baixar de peso, dado que estas depuran o organismo e provocan unha baixada de peso como consecuencia da suoración.
-de Boldo para neuralxias e dores reumáticos: Cataplasma: Cócense follas de Boldo nunha pequena cantidade de auga e despois aplícanse sobre da zona dolorosa, afirmadas cun pano limpo. Contraindicacións: O consumo de Boldo nas súas diferentes formas está contraindicado no caso de obstrucción das vías biliares e enfermidades hepáticas graves, xa que nestes casos, aconsellase o repouso dixestivo. Pola presencia de alcaloides, non debe tomarse durante a preñez, a lactación e na nenez.
-para Baños de Boldo para dores reumáticos: Faise ferver unha presa grande de follas de Boldo nun pote con dous ou tres litros de auga. Despois coase e engádese este líquido ó baño. Bañarse durante media hora a 35º C. (pódese engadir unha cunca de sal de mar e unha cullerada de bicarbonato). Contraindicacións: O consumo de Boldo nas súas diferentes formas está contraindicado no caso de obstrucción das vías biliares e enfermidades hepáticas graves, xa que nestes casos, aconsellase o repouso dixestivo. Pola presencia de alcaloides, non debe tomarse durante a preñez, a lactación e na nenez.
-de Uz como diurético e ante inflamatorio: Para a súa aplicación como diurético e en inflamacións das vías urinarias, facer un cocemento cunha presa de ramiñas de Uz (recollidas en flor) ou sumidades frescas, nun litro de auga. Deixar ferver 10 minutos e coar. Tomar unha cunca despois de cada comida principal.
-para gargarismos de Arraián para lesións das enxivas e da gorxa: Preparase un cocemento con unha presa de follas de Arraián nun litro de auga. Férvese durante quince minutos e coase. Facer gárgaras dúas ou tres veces ó día.
-de Arraián para lavado de feridas: Preparase un cocemento dunha presa dr follas de Arraián nun litro de auga. Para curar feridas e úlceras infectadas.
-Vermífugo de Allo: Moer moi miudiño cinco dentes de Allo e ferver durante cinco minutos en 250 g de leite. Deixar arrefriar lixeiramente. Bebese toda a cantidade cada noite, xa na cama. De 2 a 4 meses, sen parar.
-de Albacora para inflamación da boca e da gorxa: Ferver durante 10 minutos, en 500 g de auga, 50 g de follas secas e 100 g de follas frescas de albacora. Utilizase como colutorio para pincelacions na gorxa ou para facer gargaras.
-ante artrítico de Parietaria: Ferver durante cinco minutos nun litro de auga 30-60 g de Parietaria (pelosiña, herba de San Pedro), e engadir 4-5 g de carapela de Alcaparra. Deixar arrefriar e colar. Doses: 2 ou 3 culleriñas ó día, lonxe das comidas. duración do tratamento: continuar sen deixalo durante 3 ou 4 semanas, suspender para volver ó tratamento despois dun axeitado intervalo.
-diurético de Alcaparra: Ferver nun litro de auga, polo menos durante media hora 50-60 g de carapela de Alcaparra, pasar e espremer despois por un pano de liño ata que xa non saia liquido escuro. Doses: unha ou dúas culleradiñas ó día, como moito. duración do tratamento: dúas ou tres semanas.
-de Loureiro contra da suoracion das extremidades: Ferver en auga durante bastante tempo, un mañuzo, ou mais, de baias de Loureiro. Somerxe-los pés suados no cocemento morno.
-de Ourego en viño para fregas e cataplasmas contra abscesos e neuralxia: Cocer 100 g de flores e follas de Ourego en viño tinto (un vaso). O liquido utilizase para fregas e lavados, a parte mais consistente aplicase a xeito de cataplasma sobre da parte enferma.
-de Perexil para os trastornos do fígado, útil nos circulatorios: Ferver nun litro de auga durante un cuarto de hora, 30 g de raíz de Perexil con 20 g de raíz de apio. Adulzar con mel. Doses: 2 ou 3 taciñas ó día deste cocemento, despois das comidas. duración do tratamento: ata que desaparezan os trastornos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios