Grandes compañías propoñen desconectar ós ordenadores que sirvan para reenviar correo lixo

41

Lendo codigocero.com:
“Unha proposta de Microsoft, Yahoo!, AOL, Earthlink, Comcast e BT para solucionar parte do problema do correo lixo consistiría en desconectar da Rede ós usuarios que non impidan que os seus ordenadores infectados con virus se convertan en máquinas de envío de spam.”…


…”Esta solución faría que os usuarios fosen responsables dos seus equipos e involucraría ós provedores de acceso á Internet, que debería pechar o acceso ós equipos infectados mentres non eliminen os seus virus.
Hai que considerar que un equipo infectado por algún dos virus que permite converter o ordenador nun reemisor de correo lixo podería enviar uns 100 correos electrónicos á hora sen o coñecemento do usuario.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios