Premio centro de transfusión de Galicia

79

[RTVi-As Pontes] O Centro de Transfusión de Galicia recoñece un ano máis o esforzo e solidariedade dos veciños do noso municipio nas campañas de doazón de
sangue. Deste xeito o Alcalde das Pontes, víctor Guerreiro, recibirá o vindeiro día 2 de xullo da man do Conselleiro de Sanidade o premio polo que se testemuña o recoñecemento pola colaboración prestada na nosa vila, sobre todo no que se refire nas donacións realizadas nas unidades móbiles que se achegan ata o municipio de forma habitual.


Ademáis, o ente municipal abonda na colaboración con esta entidade, e participará activamente na campaña “Regala algo vermello”, có obxectivo de incrementa-la participación dos doadores no verán.
A pesares do lixeiro descenso experimentado no pasado exercicio, o CTg quere amosa-lo seu recoñecemento o concello de As Pontes e ós veciños pola súa participación nas campañas de doazón de sangue, converténdose nun dos concellos con maior taxa de doazón de Galicia (82 doazóns por cada 1.000 habitantes e ano) e amosando unha especial sensibilidade a prol deste xesto solidario.
A entrega desta distinción terá lugar na celebración do II Día da Doazón de Sangue, o vindeiro 2 de xullo. O acto central será a entrega destas distincións ós concellos, entidades e persoas máis implicadas nestas actucións.
Por outra banda, o Concello e o Centro de Transfusión de Galicia farán unha campaña informativa para impulsa-la participación dos cidadáns na doazón de sangue. Ambas institucións queren incrementar durante a época de verán a afluencia dos veciños ás unidades móbiles de extracción, tendo en conta que durante estes meses redúcese considerablemente a achega de doazóns, mentres que os accidentes de tráfico aumentan significativamente a demanda.
A campaña “Regala algo vermello”, ven a incidir sobre todo na necesidade de seguir participando durante esta época, cando os centros hospitalarios precisan arredor de 40 mil doazóns. No 2003 houbo 997 extraccións no noso concello, o que permitíu acada-los índices recomendados pola Organización Mundial da Saúde.
Precisamente os días seis e sete de xullo estará diante do Concello unidade unidade móbil do Centro de Transfusión, cambiando deste xeito o lugar habitual de ubicación, xa que ata agora sempre o facía a carón do fogar da terceira idade. O equipo sanitario atenderá ós veciños de dez a dúas e de catro a nove da noite.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios