25.-REFEITAS DE COCEMENTOS (III)

111

Quinta entrega.


-de Apio para a gota, reumatismo, escorbuto, nefrites e catarro vesical: Cocer aproximadamente durante unha hora, nun litro de auga, 30-50 g de raíces de Apio. Deixar arrefriar e coar. Doses: 2 ou 3 cuncas ó día. Duración do tratamento: ata que desapareza o trastorno.
-de Fiúncho: Ferver nun litro de auga 20-25 g de raíces de fiúncho secadas ó sol durante uns 20 minutos: filtrar, adulzar cun pouco de mel e deixar arrefriar ata que quede ó liquido morno. Doses: esta cantidade consómese en vasiños durante un día. Duración do tratamento: ata que se obteña o resultado apetecido.
-de Fiúncho: Ferver unha cunca de auga con 1 g de po de sementes de Fiúncho durante uns poucos minutos, inxerir o liquido nun día.
-de Fiúncho: Ferver 1 g de po de sementes de Fiúncho nunha cunca de auga durante uns poucos minutos. Filtrar o cocemento, asucaralo e tomalo ben quente. Doses: 1 ou 2 cuncas durante a xornada. O tratamento non ten limitación de tempo.
-de Leituga contra da tose: Ferver 50 g de Leituga durante dez minutos en 300 g de auga. Engadir despois 100 g de azucre. Deixar arrefriar e coalo dentro dunha botella. Doses: dúas ou tres cunca quentes durante o día. duración do tratamento: ata que a tose desapareza.
-de Correola: Facer ferver unha presa de follas secas de Chantaxe en dúas cuncas de auga, durante 15 minutos. Coar e usar para o lavado de feridas e gargaras. Útil para resfríos e para curar feridas.
-de Correola: Coller de 20 a 30 g de follas e/ou raíz de Chantaxe por litro de auga, que se deixan ferver durante 3 a 5 minutos, e da que se beben de 3 a 5 cuncas diarias.
-de Maiten: Preparase un cocemento con dúas culleradas das follas de Maiten en medio litro de auga. Fervese durante dez minutos e usase en lavados sobre das lesións. Aplicado para tratar erupcións cutáneas alérxicas.
-de follas de Maiten: Bótanse 20 gr de follas de Maiten ben esmiuzadas en 500 gr de auga. Ferver durante 10 minutos, coar ben. O doente debe tomar 4 cuncas repartidas durante todo o día. Aplicase como remedio febrífugo.
-de sementes de Maiten: Botar 10 gr de sementes de Maiten en 500 gr de auga. Ferver durante 10 minutos, coar e beber quente de 4 a 6 cuncas no día. Utilizase para combater o estrinximento.
-de Matico: Faise ferver durante 10 ou 15 minutos unha boa presa da planta de Matico, nun litro de auga. Deixase arrefriar e usase para o lavado de feridas. A súa aplicación tamén é para curación de feridas.
-de Milfollas para uso externo: Pódese facer un cocemento para lavar e limpar feridas, en erupcións, eccemas, lavado de mans degresadas, gargarismos e aseos xinecolóxicos, engadindo un mañuzo de sumidades florais de Milfollas nun litro de auga, deixando ferver durante 15 minutos.
-Cocemento de Ortigas: Ferver durante 10 minutos, 50 gramos de raíz e plantas secas, nun litro de auga. Deixar repousar ata que se arrefríe. Tomar catro, cinco ou mais cunca ó día, (Nos casos de reumatismo).
-de Peumo para baños: Preparase cunha presa grande de follas de Peumo, que se poñen a ferver en dous litros de auga, durante dez minutos. Despois cóanse e engádense na auga dunha tina. Bañarse diariamente. Aplicación contra do reumatismo.
-de Silvamar: Engádese unha cantidade axeitada de raíz seca, ben esmiuzada, en auga fría. Despois ponse nunha ola ó lume ata que ferva, baixase ó lume e deixase ferver suavemente dez minutos, ata que quede nunha quinta parte. Deixar arrefriar e filtrar. Engadir azucre ó gusto e beber de catro a seis cuncas diarias.
-de Silva para compresas e lavados: Férvense nun litro e medio de auga 100 gramos de follas e gromos novos. Despois preñaranse compresas e aplícanse sobre da ferida. Para curar feridas e hemorroides.
-de Silva: férvense nun litro e medio de auga 100 gramos de follas e gromos novos, coase e fanse gárgaras, repetindo dúas ou tres veces ó día. Para curar feridas e infeccións da boca e enxivas.
-de Sauce chorón: Preparase cunha cullerada grande chea de raspadura de carapela para dous litros de auga. Deixase a remollo por algunhas horas e despois quentase ata dar un fervor. Beber tres a catro cuncas ó día. Utilizada contra resfríos e reumatismo.
-de Escaramuxo antidiarreico e contra do arrefriado: Ferver medio litro de auga con dúas culleradiñas de froitos secos durante 10 minutos. Filtrar e tomar unha ou dúas cuncas ó día.
-de Tileiro: Preparase con 10 gramos de flores de Tileiro por litro de auga e ponse a quentar ata que ferva. Deixase arrefriar e aplicase sobre das lesións. Utilizase no tratamento da tiña e do salpullido.
-de Marrubio: Ferver unha presa pequena de Marrubio seco en medio litro de auga. Esta preparación utilizase para lavar feridas e lesións eccematosas. Para lavar o pelo e fortalecelo.
-para baños de Xarxa: Fanse ferver dúas boas presas de follas de Xarxa en dous litros de auga, durante 15 minutos; despois coase e ponse nunha tina. Darse dous ou tres baños por semana. Contra do reumatismo e a parálises.
-para gargarismos: Preparase un cocemento cunha presa de follas e un litro de auga. Fervese durante quince minutos e coase. Facer gárgaras dúas ou tres veces ó día. Para tratar lesións das enxivas e da gorxa.
-para lavados: Preparase co cocemento dunha presa de follas nun litro de auga e usase para lavar feridas e úlceras infectadas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios