Bruselas suspende as medidas contra Microsoft en espera da resolución xudicial

83

Lendo libertaddigital.com:
“A Comisión Europea decidiu suspender temporalmente as medidas decretadas contra Microsoft mentras o Tribunal de Primeira Instancia da Unión Europea se pronuncia sobre unha petición de suspensión cautelar do xigante informático, feita a semana pasada. A CE tomou esta decisión ‘en interese dunha adecuada administración da xustiza’ pois considera que ‘non é apropiado aplicar esos remedios’ antes de coñece-la decisión do presidente do Tribunal.”…


…”O Executivo comunitario ordeou en marzo á compañía que en 90 días ofrecera unha versión do seu sistema operativo Windows sen o lector Windows Media Player, e que en 120 días divulgase ós seus competidores as informacións sobre o interfaz precisas para que os seus productos ‘poidan dialogar’ con Windows. O prazo de 90 días remata o vindeiro luns e o de 120 o 27 de xullo.
A Comisión Europea asegura, na súa nota, que a decisión ‘non prexulga a obriga de Microsoft’ de poñelas en marcha ‘sen dilación’ se o presidente do Tribunal rexeita a petición da empresa. O Executivo comunitario ‘cree que os remedios son razoables, equilibrados e precisos para restaura-la competencia no mercado e que hai un forte interese público a favor da súa aplicación sen esperar á sentencia sobre a sustancia do caso’.
Microsoft recurriu tamén a comenzos deste mes a decisión de Bruselas na que ademáis destas medidas impúxolle unha multa de 497,2 millóns de euros por infrinxi-la lexislación comunitaria ó abusar da súa posición dominante no mercado de sistemas operativos para PC para restrinxi-la competencia.”
Fonte: libertaddigital.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios