27.-REFEITAS DE COCMENTOS (V)

150

Setima entrega.


-depurativo da pel e dixestivo: Ferver 20 g de sumidades florais de Verónica nun litro de auga durante uns minutos. Filtrar e tomar 2 ou 3 vasiños o día.
-para irigacións: Ferver 10 g de rizoma de Consolda bermella nun litro de auga. Filtrar e deixar mornear. Utilizar nunha so irrigación.
-antegotoso: Ferver por 20 minutos, 50 g de follas de Pino cortadas miudo nun litro de auga. Tomar 1 ou 2 vasiños o día.
-sedante para uso externo: Ferver nun litro de auga 50 a 100 g de raíces secas de Valeriana, filtrar e usalo para facer compresas que se poñeran nas zonas doentes.
-antediarreico: Ferver 10 minutos 100 g de follas de Silva nun litro de auga. Filtrar e deixar arrefriar, tomar 4 ou 5 cuncas o día.
-para tratamento da leucorrea: Ferver durante 20 minutos 130 g de follas de Silva en 2 litros de auga. Deixar arrefriar e usar o liquido para lavados vaxinais. Ao mesmo tempo tomar 2 ou 3 taciñas o día do cocemento de 20 g de follas de nogueira nun litro de auga.
-depurativo da pel: Ferver 20 g de Silvamar cortada moi miudiño, en 2 litros de auga. Filtrar e deixar arrefriar. Tomar 1 ou 2 cuncas moi amodiño en varias tomas durante toda a maña.
-para artrites e reumatismo: Ferver nun litro de auga, durante 20 minutos, 30 ou 40 g de raíz de Silvamar e 5 ou 6 g de saponaria. Tomar 2 cuncas o día durante dúas ou tres semanas.
-depurativo do sangue: Ferver durante 3 horas en 3 litros de auga, 20 g de Silvamar, 50 g de raíces de dente de león e 50 g de raíz de grama. Tomar tres taciñas o día.
-contra das tose pertinaz: Ferver 70 ou 80 g de xemas de Abeto por unha media hora en 500 g de auga. Agardar a que estea morna e coar. Tomar varias cuncas o día ata que desapeza a tose. Pode adulzarse.
-aperitivo e dixestivo: Ferver 20-30 g de Herba pombiña en cinco litros de auga. Tomr unha cunca dez minutos antes das comidas principais.
-para tose, catarro e lavaxe dos ollos: Poñer 30 g de flores de Baleo cabezudo nun litro de auga quente. Deixar arrefriar e pasar por unha manga. Para tomar: 2 culleradas o día. Para lavar os ollos: 4 ou 5 compresas, unha detrais doutra.
-suorifico: Ferver 15 g de follas de Buxo en 30 g de auga. Coar e tomar dunha soa vez durante 8 días.
-para a pel e febles intermitentes: Ferver nun litro de auga 20 ou 40 g de follas ata rebaixar a 350 g. Deixar arrefriar e filtrar. Tomar 2 ou 3 vasiños ó día.
-para a nefrites: Ferver durante 15 minutos, 15 g de raíz de Galceran nun litro de auga. Deixar arrefriar e coar. Tomar 2 ou 3 cuncas o día.
-para dores de estomago e barriga: Ferver 2 g de Mercadela durante uns minutos en 250 g de auga ou leite. Tomar 2 ou 3 vasiños o día, un par de semanas.
-para catarro e tose: Coller 20 g de xemas de Chopo, esmagalas e poñelas a ferver unha hora nun litro de auga. Tomar unha ou duas cuncas o día.
-de Hedra para inflamacións, queimaduras, ulceras e forúnculos: faise con 10 g de follas frvidas en 200 g de auga. Aplicase como compresas.
-para hemorraxias gastro-intestinais: Ferver durante alguns minutos 10 g de carapela de Carballo seca e moída en 200 g de auga. Filtrar e deixar arrefriar. Tomar 1 ou 2 culleradas cada noite, xunto con un pouco de azucre ou mel.
-contra da anxina de peito: Ferver durante un minuto unha cullerada de flores de Agracexo nunha cunca de auga; ou ben unha ou dúas culleradas de follas. Tomar 2 ou 3 culleradas varia veces o día.
-anteicterico: Ferver dous minutos 20-25 g de Agrimonia nun litro de auga. Beber duas cuncas o día.
-tonico e suorífico: Ferver 120 g de madeira de Xenebreiro esmiuzada en 1,5 litros de auga ata que quede un litro, despois engadir 120 g de viño branco. Tomar a vasiños pola maña.
-depurativo do sangue: Ferver 30 g de follas e talos novos nun litro e mediio de auga ata que quede en dous tercios. Tomar a vasiños 2 ou 3 veces o día, mentres que atopemos ortiga fresca.
-para o acné: Ferver durante 10 minutos 30 ou 40 g de cada parte dunha planta de Ortiga nun litro de auga. Deixar arrefriar e coar. Tomar 2 ou 3 taciñas o día.
-diurético: Ferver 100 g de carapela esmiuzada de Sabugueiro en 5 decilitros de auga e durante 10 minutos, despois filtrar para beblo quente a razón de 2 a 4 culleradas o día.
-depurativo para os riles e fígado: Esnaquizar as follas de Sabugueiro e ferver de 6 a 8 g en 5 decilitros de auga durante uns 10 minutos. Filtrar e deixar arrefriar. Tomar media cunca cada mañá antes de comer. É convinte descansar cada dez ou doce días.
-para uricemia: Ferver durante 20 minutos 150 g de carapela de polas de Sabugueiro en 2 litros de auga. Beber dous vasiños no día.
-Anxiocolites: Ferver durante uns dous minutos 10-15 g de follas de Boldo nun litro de auga. Tomar 3 ou 4 taciñas o día; ou ben poñer a amolecer durante cinco días 30 g de follas de Boldo nun litro de viño branco. Beber tres vasiños o día, espaciados entre si.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios