29.-REFEITAS DE INFUSIÓNS (I)

106

Primeira entrega.


-diurética de Malva contra das inflamacións intestinais: Deixase en infusión unha cullerada de flores de Malva, ou dúas de follas; nunha cunca de auga fervendo. Bebese quente. 3 ou 4 taciñas ó día. Duración do tratamento: ata que desapareza a inflamación. Utilizase tamén a xeito de enxugue nas inflamacións da boca, das enxivas e para gargaras nas afeccións da gorxa.
-de Malva: Estrinximento e atonía intestinal: Ferver 50 g de flores de Malva, ou 100 g de follas, en dous litros de auga durante uns quince minutos. Colar e adulzar ben con mel. 3 ou 4 vasos pequenos tomados durante toda a xornada. Durante 15 días ou 20 como máximo.
-de Nogueira ante escrofulosa: Poñer en infusión 20 g de follas de Nogueira nun litro de auga fervendo. Filtrar cando estea morno. Tomar 4 cuncas ó día, durante corenta días.
-Febrífuga de Oliveira: Poñer en infusión durante vintecatro horas, 60 follas de Oliveira secas, nun litro de auga. Filtrar e non azucrar. Beber toda a cantidade nunha xornada. Duración del tratamento: continuar ata que ceda a feble.
-Vermífugo de Abrótano femia: infusión dunha culleradiña de prostre de sementes de Abrótano femia por cunca de auga, que se toma tódalas mañas durante unha semana -repetir outro ciclo igual ó mes-. En po de sementes, de 2 a 4 gramos diarios mesturado con mel ou zumes.
-de Aciano, conxuntivites, irritacións, etc.: Facer unha infusión de flores de Aciano moídas (unha cullerada) nunha cunca con auga destilada. Filtrar unha vez haxa arrefriado. Bañar coidadosamente os ollos co líquido.
-de Asente, aperitiva ou dixestiva: Ferver tres culleradas sopeiras de sumidades florais de Asente ben moídas nun litro de auga durante quince minutos. Tomar dúas ou tres cuncas ó día, antes das comidas se desexamos efectos aperitivos, ou despois para facilitar a dixestión.
-de Papoula para o insomnio: Nun litro de auga fervendo poñer unha decena de cápsulas de Papoula sen sementes. Deixar repousar un mínimo de quince minutos. Tomar dúas ou tres culleradas mesturadas con leite antes de deitarse.
-de Árnica para uso interno: Para aplicacións en procesos catarrais, antiespasmódico, vasodilatador e estimulante do sistema nervioso, ferver durante dez minutos unha presa de flores de árnica. Tomar coado; repeti-la toma 3 ou 4 veces ó día.
-Emoente de Abrótano femia: Aplicado externamente, na auga de baño, o Abrótano femia proporciona un grato efecto emoente (desinflama a pel), relaxante e sedante. Usase en infusión preparada con 6 ou 7 cabezolos florais por cunca de auga. Bebese unha cunca despois de cada comida. Tamén se toman de 3 a 5 gotas da esencia, 3 veces ó día.
-Emoente de Abrótano femia: Para uso externo: tómanse baños quentes que se van vertendo na auga do baño 2 litros de infusión feita cunha presa grande de cabezolos florais de Abrótano femia; ou ben, engadindo de 10 a 20 gotas de esencia na bañeira.
-Emoente de Papoula: Para uso tópico, como relaxante dos tecidos e inflamacións cutáneas, engadir a medio litro de auga moi quente unha presa de pétalos secos de Papoulas. Deixar repousar durante quince minutos. Filtrar antes de aplicar sobre da pel.
-Vermífuga de Abrótano femia: Infusión dunha culleradiña de prostre de sementes de Abrótano femia por cunca de auga, que se toma tódalas mañas durante unha semana -repetir outro ciclo igual ó mes-. En po de sementes, de 2 a 4 gramos diarios mesturado con mel ou zumes.
-Tónico estomacal de Arraclan, ante diarreico e ante catarral: Preparase con dúas culleradas ben cheas de follas secas e moídas de Arraclan, para un litro de auga fervida. Beber tres cuncas ó día.
-de Artemisa para uso interno: Para a súa aplicación en menstruacións dolorosas e difíciles (preparar uns días antes de que se produza a menstruación), así coma estomacal, dixestiva e antiparasitaria; preparar unha infusión cunha cunca de auga e unha culleradiña de planta Artemisa esmiuzada; deixar repousar 10 minutos antes de tomar. Coidado: non abusar deste preparado, o uso continuado pode resultar tóxico a causa da actividade da “tuyona”, compoñente do aceite esencial que conten esta planta.
-de Azafrán, dixestiva e aperitivo suave: Pódese preparar unha infusión dixestiva e docemente aperitivo, utilizando un chisco de Azafrán nunha cunca de auga fervendo. Tomar despois das comidas se a desexamos como dixestivo, ou antes de comer se queremos efectos aperitivos.
-de Azafrán, analxésica bucal: O azafrán pódese usar como analxésico durante a fase de dentición dos nenos. Facer unha infusión con bastantes hebras de Azafrán en proporción á auga; deixar arrefriar e refregar as enxivas en varias sesións ata mitigar a dor.
-de Bistorta para diarrea, hemostático, inflamacións uterinas: Uso interno: Infusión: Para as aplicacións internas descritas pódese facer unha infusión fervendo 1 litro de auga, e cando esta estea morna, engadindo 30 g. de rizoma de Bistorta ben esmiuzado; deixar amolecer durante unhas 6 horas; tomar 3 ou 4 cuncas diarias.
-de Boldo: Estimulante, dixestivo e sedante nervioso: Preparase con algunhas follas de Boldo sobre as que se bota auga fervida. Tomar quente, de preferencia despois das comidas. Coidado: Non se debe consumir mais de 4 cuncas ó día, xa que doses elevadas actúan como somnífero e anestésico sobre do sistema nervioso central. Estes efectos preséntanse só en doses elevadas. Aínda que non hai probas concluíntes de que poda afectar ó feto, como medida precautoria as mulleres preñadas deben evitar a súa inxesta.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios