O Monte Medulio está no Caurel (Lugo)

105

A localización do Medulio, a falta de un topónimo parecido, percorreu case todo o territorio galego, agás o Courel. Esta nova localización pode que saña a de maiores posibilidades por:
— Os investigadores que visitaron a zona colocan ás montañas do Courel como o mellor candidato: Rodríguez Colmenero, Sánchez Palencia, …


— A toponimia: Caurel, Cido, Lor, Mercurín, Brío, Lucenza, Pedro Cornello, Millares, Míllaras, Megoxe, ………
— A aguia do estandarte da Lexión Romana encontrada o pé do Monte de xeito casual (Museo Provincial de Lugo).
— As táboas dos Lougei (Museo Provincia de Lugo) e a dos Lougeiorum (Arqueolóxico da Coruña), encontradas no Castro de Cido.
— O nome céltico destes moradores (Lougei), que incluso lle puideron dar o
nome a cidade de Lugo, situada na chaira a 45 quilómetros en liña recta dos
últimos montes do Courel, así como os Brácaros llo deron a Braga e os Astures a Astorga. _- O terreo é cárstico, con abundantes covas e dolinas, pouco abundante no resto de Galicia.
— É un monte de difícil acceso, no medio da comarca máis inaccesible de Galicia.
— Preto das minas de ouro en xacemento primario (Toca-Turubio) e secundario (Medulas) máis grandes de todo o Imperio Romano.
— Situado entre o Sil e o Miño.
— A abundancia de Teixos.
— A disposición de tres campamentos romanos, nas Guerras Cántabras, en col do Courel: Astorga, Lugo e posiblemente outro da provincia de Ourense.
— Pero sobre todo “O Foso” que buscaba M. Murguía: ¿Por qué esa gran brecha na rocha, preto do Monte Cido?. Para atopalo preguntade en Moreda do Courel, polo “Carrozo da Gralleira”.
O artigo completo, e con fotos, pódese mirar nas seguintes páxinas:
arquitecturagalega.net
burlanegra.vieiros.com
jrcasan.com
galiciadixital.com
apinguela.com
usuarios.lycos.es/geogalicia/monte_medulio.htm (Xeografía de Galicia)
Cortesía de Orlando Álvarez

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios