31.-REFEITAS DE INFUSIÓNS (III)

104

Terceira entrega.


-de Maqui, para lavados e gargaras: Preparase unha infusión cunha culleradiña chea de follas de Maqui, de preferencia frescas, para unha cunca de auga fervida e lávanse as feridas. Usase a mesma infusión e fanse gárgaras. Repítese o procedemento tres ou catro veces ó día. Aplicado contra úlceras e outras lesións da boca.
-Infusión e Pos de Matico: Preparase cunha folla de Matico picada á que se lle engade unha cunca de auga fervendo. Deixase arrefriar e usase para lavar feridas, despois aplicase sobre da lesión picadura fina de follas. A súa aplicación é para curar feridas.
-Ide Matico: Preparase cunha folla picada de Matico á que se lle engade auga fervendo. Beber despois das comidas. Isto aplicase como tratamento para úlceras e trastornos dixestivos.
-de Milfollas para uso interno: Hemostática no caso de hemorraxias, contra as dores menstruais, trastornos gástricos e na diarrea, espasmos das vías dixestivas, canseira xeral, desinfectante, astrinxente, para varices e hemorroides. Faise unha infusión engadindo a unha cunca de auga fervendo unha cullerada de sumidades florais esmiuzadas. Deixar repousar uns 15 minutos e filtrar. Tomar sempre no mesmo día, antes das comidas se desexamos efectos aperitivos, ou despois para aplicacións restantes.
-de Ortiga: Poñer unha ou dúas culleradiñas de Ortiga nunha cunca de auga fervida (non poñer a ferver). Deixar repousar 10 minutos. Beber una cunca pola maña e outra pola noite, durante varias semanas. Usado así aplicase para trastornos menstruais, da pel, hemorraxias, reumatismo, afeccións respiratorias. É diurética. Outro xeito de preparación é verter unha cunca de auga fervendo sobre dunha cullerada de planta seca esmiuzada. Deixar repousar 20 minutos. Tomar de 4 a 5 ou mais cuncas ó día, sen límite de tempo, como antirreumático, depurativo, antidiarreico, etc.
-Lavados con Peumo: Preparase unha infusión cunha presa pequena de follas de Peumo en medio litro de auga. Coase e deixase mornear. Lavar as lesións unha vez ó día. A súa aplicación é para lavar feridas e para tratamento das leucorreas.
-de Sabugueiro: Póñense algunhas flores nunha cunca de auga fervida. Beber varias veces ó día. (Pódense engadir outras plantas pectorais: tilo, manzanilla, herba do paico, tusílago, etc..). Utilizase para conxuntivites, lesións infecciosas da pel. Para manchas da preñez.
-de Silva: combate as afeccións do sistema dixestivo e alivia os catarros intestinais. Contra da gripe, resfríos e tose. Uso externo: Cóllense brotes novos e expóñense ó sol tempo dabondo para que produza líquido. Despois, recoller coidadosamente -coas mans ben limpas- e aplicar sobre das feridas. (O líquido obtido con este procedemento posúe virtudes cicatrizantes e, ademais, unha acción desinfectante moi suave). Deixar nas feridas ata unha hora e mudar seguindo o procedemento.
-de Silva: Preparase con anacos pequenos de follas, para unha cunca de auga fervida. Beber tres ou catro cuncas ó día. Contra da diabetes e antidiarreica.
-de Tileiro: Preparase poñendo auga quente fervida nunha cunca con flores de Tileiro (3 a 4 flores). Beber dúas cuncas ó día. Usase para combater as molestias do arrefrío e usase como sedante. Alivia as cefaleas. Recomendase poñer previamente unhas poucas gotas de auga fría nunha cunca, deixar que as flores se remollen con ela para despois engadir auga quente. Esto protexe as calidades da planta.
-de Marrubio: Colocar dúas culleradiñas de Marrubio nunha cunca de auga fervida. Repousar 10 a 15 minutos. Beber dúas ou tres cunca por día. Aplicado deste xeito serve como tónico e depurativo (para baixar de peso). Tamén se utiliza como expectorante.
-de Xenxibre contra das dores de estómago: Trochase un cacho de rizoma e pulverizase. Engádese unha cullerada sopeira por cada cunca de auga, deixando que ferva 3-5 minutos.
-de Xarxa: Preparase con tres cuncas de auga fervida e tres culleradiñas de planta seca. Deixase repousar e bébense tres cuncas ó día. Aplicase como tónico dixestivo, para lavar feridas, como emenagoga e para deter a lactación. Con 15 a 30 g de follas e sumidades florais por litro de auga, da que se toman ata 4 cuncas diarias. Serve para trastornos menstruais. A Xarxa administrase durante a semana anterior á regra.
-febrífuga de Oliveira: Poñer en infusión durante vintecatro horas, 60 follas de Oliveira secas, nun litro de auga. Filtrar e non azucrar. Beber toda a cantidade nunha xornada. Duración del tratamento: continuar ata que ceda a feble.
-de Loureiro para baño aromático: poñer en infusión na auga disposta para o baño, 200-500 g de follas de Loureiro.
-Te composto para a gripe:
Ingredentes:
1 cullerada sopeira de raíces secas e tronzadas moi finas de Itamo real (Potentilla candicans).
1/2 cullerada sopeira de follas secas e tronzadas de Eucalipto (Eucalyptus spp.).
1 litro de auga.
Mel de abella ou azucre mascabado.
Coadeira de plástico ou aceiro inoxidable.
Xeito de facelo:
1. Poñer os cachos de itamo e maila auga no recepente tapado.
2. A partires de que a auga estea fervendo, contar 10 minutos baixando o lume.
3. Engadir as follas de eucalipto e deixar outros 5 minutos a lume baixo mantendo sempre
o recepente tapado.
4. Retirar do lume e deixar mornear durante 10 minutos.
5. Coar e adulzar con mel de abella ou azucre mascabado.
Doses:
Xoves e maiores: Tomar unha cunca pola maña e outra pola noite antes de comer.
Nenos maiores de 3 anos: Tomar unha a dúas culleradas sopeiras pola noite.
Recomendacións:
O preparado tamén se pode utilizar en bafos nocturnos axudando á desconxestión dos pulmóns. Manterse abrigado e non saír á intemperie ou á exposición de correntes de ar. Nas comidas diarias deberá incorporarse zume de limón, de laranxa ou vitamina C.
Toda vez que o eucalipto e mailo itamo poden provocar irritacións e sangrados non deberán utilizarse en maiores proporcións e por un tempo maior de quince días.
Notas: Aos tés medicinais polo regular, non se lles engaden adulzantes.
Se usamos plantas frescas deberán axustarse ás seguintes cantidades por litro de auga:
6 presas de raíces ou talos tronzados finamente, de itamo.
6 presas de follas tronzadas, de eucalipto.
-cicatrizante: Para a súa aplicación como cicatrizante da pel, podemos facer unha infusión con 1 ou 2 follas de Abeluria por cada litro de auga. Empapar unhas compresas no líquido e aplicar sobre da zona afectada.
-de Arraián: Prepárase con dúas culleradas ben cheas de follas secas e moídas para un litro de auga fervida. Beber tres cuncas ó día. Como tónico estomacal, ante diarreico e ante catarral.
-de Romeo: corroborante nas dispepsias gástricas e nas colites. Verter nun litro de auga quente, 20 g de follas de Romeo como para preparar una tisana. Filtrar e bebelo nunha cunca, ben quente. Doses: 2 ou 3 cuncas ó día. Duración: ata que desaparezan os trastornos.
-de Xarxa: estimulante nas dispepsias e nas atonías gastrointestinais: Deixar amolecer 20 g de follas de Xarxa en 250 g de auga fervendo. 2 ou 3 cuncas de café tomadas durante a xornada. Doses: dende o período de colleita das follas, de maio a xuño.
-de Adonis: Tónico cardíaco que non determina a hipertensión: Deixar 4 g de follas en infusión durante un cuarto de hora en 200 g de auga. Filtrar e beber sen quentar nin adulzar. Tomar a cantidade preparada nas vintecatro horas en tres veces. Duración: Só cando sexa preciso.
-de Avea contra a hidropisía: Poñer en infusión unha presa de palla de avea esnaquizada nun litro de auga, durante 25 minutos. Filtrar e non adulzar. Tomar 2 ou 3 taciñas o día.
-de Meimendro ante espasmódica: Deixar en infusión 1 g de follas secas de Meimendro en 150 g de auga fervendo. Filtrar e despois adulzar ó gusto de cada quen. Consúmese coma unha tisana soamente cando se presente a crise.
-de Calamento: para insomnio, cambres do estómago, dificultade para respirar e hidropisía: Deixar en infusión 15-20 g de sumidades florais de Calamento nun litro de auga ata que quede morna. Consumir toda a cantidade nunha xornada a cuncas e soamente mentes dure a doenza.
-de Cardo santo: dixestiva: Poñer 5 g se sumidades florais de Cardo santo e deixalas amolecer nunha cunca de auga. Filtrar e tomar unha cunca antes das comidas. Tomar cada vez que se teña unha dixestión difícil.
-de Agracexo: para trastornos cardíacos e circulatorios: Poñer 5 g de flores frescas, ou ben secas, nunha cunca de auga quente. Deixar amolecer durante 20 minutos tapando a cunca. Coar e beber ben azucrado durante a xornada. Mellores resultados con flores frescas.
-purgante de Fitolaca: Poñer en infusión durante 20 minutos unha presa de follas nun litro de auga. Coar e consumir unha cunca de café o día antes de deitarse.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios