A Xunta Directiva de EuroEume aproba as subvencións para tres novos proxectos

106

A Xunta Directiva do Grupo de Acción Local EuroEume, aprobou en Xunta Directiva a sinatura de tres novos contratos de axuda, que se conceden dentro da iniciativa comunitaria Leader +.


Invernadeiros FERTRI, S.L., empresa ubicada en Pontedeume, ten un proxecto de ampliación e modernización da súa planta en Campolongo. Con este proceso a empresa poderá especializarse en invernadeiros de gama alta, que o convertirá na primeira empresa de Galicia en fabricar invernadeiros con placa de policarbonato minionda. A inversión que se efectuará nesta empresa é de 515.000 €, e a subvención aprobada pola Xunta Directiva de EuroEume é de 66.320 € .
ELECTROARTE, S.C.G., esta empresa, de nova creación, ubícase en Feira do Tres, no concello de Vilarmaior. É unha Sociedade Cooperativa adicada á realización de instalacións eléctricas e á reparación de equipos eléctricos e electrógenos. Este proxecto naceu con vocación de ser un servicio enfocado ás instalacións das construcción de vivendas unifamiliares, e á población rural do territorio, ofrecendo servicio de urgencia 24 h. A inversión que afrontarán estes xovenes empresarios será de 31.270 €, dos que 6566 € serán subvencionados por EuroEume con fondos do Leader +.
Restaurante La Pitanza, S.C., este proxecto, ubicado no casco histórico de Pontedeume, consiste na adaptación dun edificio ás necesidades dunha actividade hosteleira, incluida a rehabilitación do edificio e a dotación dos servicios, maquinaria e mobiliario necesarios. A inversión contemplada neste proxecto é de 167629 €, dos que 58.628 terán cargo ós fondos do Leader +.
Ademais da aprobación destas axudas, a Xunta Directiva tamén acordou promover a Axenda XXI naqueles concellos do territorio interados no proceso de implementala.
Cortesía de euroeume.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios