Pequeno ensaio sobre os contra-argumentos das miñocas

70

Outro artigo de Mariano Grueiro que lle recollo da súa páxina ‘o gueblo de Mariano Grueiro’. Espero que vos guste…
Ben.
Consideración, desconsideración.
Becas.
¿Reminiscencias do pasado?
Quen sabe.
Xa non e reclamado coma dereito.
A educación e para todas, para todos.
Logo todos teñen dereito a educación.
Logo todos poden ter acceso a educación.
Logo xa comezamos os erros.


Non todos os que queren, teñen acceso a educación.
E ante este argumento oponse ún contra-argumento.
“as cousas son así e máis persoas teñen ese problema, e a historia de cadaquén e longa, e..”
Utilizase iso sen pensalo realmente.
Porque de feito moitas persoas teñen ese problema, pero que digo que moitas…que digo… todos, tódalas persoas que queren, non son as que teñen acceso.
E sen embargo paradóxico que as persoas que utilizan este contra-argumento, soen ser xeralmente persoaas que nunca tiveron problema para acceder a calquer nivel do eido educativo.
E, por tanto, un argumento-vergoña,
un argumento que quere tapar a sensación de culpabilidade.
Si , culpabilidade.
Non digo, polo menos inda non dixen, que ditas persoas sexan culpables de algo, máis e probable que ante a pregunta antes referida, queda patente no outro interlocutor, a sensación de valeiro e ignorancia, por ter que pasar a unha introducción así.
A situación vóltase máis agresiva, e sóltase o contra-argumento, e a guerra, inda sen pretendelo, está asegurada.
E así e coma a parte máis feble, porque non esquezamos, todo comeza cun inocente argumento da ventaxa do acceso os estudios, remata ante un ” non queiras estar a un nivel superior, mantente o teu nivel….o nivel da tua clase”.
E por tanto e educación unha ferramenta de distinción clasista? parece ser.
Solucións?
Vivir moito.
Cando vas probando tódolos argumentos, probandoos na tua vida, chegas a unha conclusión.
Contra-argumentos coma o citado anteriormente, son unha carallada, imbécil, e sobre todo, inútil, por todo o que pecha de superficial e de negativo.
E coma entón, tentar o diálogo co contra-argumento?
Coma xa dixen, a experiencia de un feixe de armas contra-argumentais, sobre todo se estas experiencias parten de supostos abertos o faio. O que e un anti-valor na nosa sociedade. E unha socieade tan preocupada polo éxito, que o fracaso, inda como ferramenta para chegar o éxito, e denostado. Comezase a estudiar linux ou outros sistemas operativos que tiveron éxito, comezase a estudialos nas facultades de economías, e eu digo que non se trata de cambiar a etiqueta da caixa, tratase da cultura do fracaso, a que ten éxito: se linux e agora o que é , e gracias o estar aberto os faios, e a enmendalos, non a tapalos.
Contra-argumentos coma o citado, son perigosos, pois son incoherentes (son a descripción dunha inexperiencia que quere ser experiencia.
E remata en macroincoherencias sociais. (E dicil, a nivel macroeconómico, macrosocial, etc).
Todo o que leve dito, que inda que poida parecer complexo, e extremadamento sinxelo para unha persoa educada na nosa sociedade occidental ( a mesma que é un ser adulto coma tal non os quince anos coma antes, senon os trinta. Coido que isto require outro ensaio: a nosa sociedade tel tan complexidade que e chegaremos o punto de ser nenos na nosa sociedade, e iso vese claremente nas cidades, na abundancia de tantos locais con grandes lunas, paredes brancas e camareiros vestidos de negro, reminiscencias dunha infancia sen gozo), unha sociedade coma a nosa, que economiza en valores e perdeu a capacidade de asombro.
Un exemplo sinxelo que parte do argumento e contra-argumento do principio: as becas.
As becas son ese elemento que inda que xa conseguiu ser recoñecido na sociedade coma icono, non foi así coma obxeto de uso.
E gostaría de seguir de xeito lixeiro con este argumento, pero velaquí que quen saltou a xeito de repetición e sen ter sequera matinado nel, o contra-argumento, agora coa carraxe da batalla perdida, dirá outro super-contra-argumento, coma
” e acaso algo funciona de verdade nesta sociedade?”
Deixarei a crítica deste super-contra-argumento para despois, agora seguirei o rego.
Se o primeiro contra-argumento e malo, este e peor, inda peor.
E inda máis imbécil, máis idiota, máis estúpido.
E ir contra a propio argumentación: se quen salta con ese argumento (neste caso un super-contra-argumento por estar frustrado), precisamente e alguén da sociedade quen o propon: e o argumentador, e como tal, pertence a ela.
E o que fai, cal sorte non de super-home nietzsiano, senon de infra-miñoca conservadora.
Parecen longas todas estas liñas, máis pode verse de cheo coma somos nos os que procesamos, normalmente de xeito inconsciente e en décimas de segundo, toda esta fraga de datos, de iconos, de argumentos.
Iso ten a sua razón de ser, por economía dna comunicación, máis o problema ben dado en situacións nas que o referente non se corresponde co referido, facendo así unha fagocitación da realidade.
Iso e pésimo, posto que así os valores, e os significantes creados para coñecer a realidade, non se corresponden cunha realidade, senon cunha invención.
E se máis e máis persoass seguen no camiño de utilizar esa invención coma realidade, todo tornará nun dedo acusador contra os que vexan e falen da realidade.
¿ Cal e oa sua vez a resposta ante o segundo exemplo de contra-argumento de infra-miñoca?
As bibliotecas
Chegas, colles un libro e eo lees.
Con cousas así, vemos un avance real na sociedade.
No caso das becas, e algo a medio rematar, nesta sociedade que voltou a enfermar e segue sen querer reparar definitivamente esta parte.
Posted by:|Feito por: MarianoGrueiro
Fonte: o gueblo de Mariano Grueiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios