Folga de móbiles en Italia

80

Lendo iblnews.com:
“Italia viviu este xoves unha ‘folga de teléfonos móbiles’ para protestar polos elevados custes das chamadas, nunha iniciativa que os organizadores calificaron de ‘gran éxito’ e as compañías telefónicas de ‘fracaso absoluto’.”…


…”Segundo as asociacións de consumidores, promotoras do orixinal paro, un de cada cinco usuarios deixou de lado o seu móbil durante a folga, convocada dende mediodía ata as dúas da tarde.
Esta cifra equivale a uns oito milóns de italianos, o que supón ‘o primeiro gran éxito dunha folga demostrativa e simbólica que esperamos sirva para abrir un debate cos operadores’, declarou o presidente da asociación de consumidores Adusbef, Elio Lannutti.
As compañías telefónicas, en cambio, insistiron en que a actividade foi normal ou incluso máis elevada que o día anterior.
Así, a compañía TIM, unha das principais do país, asegurou que na primeira hora de folga o tráfico nas liñas de móbiles aumentou un oito por cento respecto á víspera e ‘ninguén apagou o teléfono’.
Vodafone refiriuse a un ‘tráfico absolutamente regular’, mentras que o operador H3G, dedicado ós servicios UMTS, indicou que ‘as chamadas multimedia aumentaron e a folga non tivo ningún efecto’.”…
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios