Aragón e o Software Libre

29

Lendo hispalinux.es:
“O Goberno de Aragón e a Universidade de Zaragoza presentaron a distribución de software libre GLUZ, realizada de maneira conxunta polas dúas institucións, e que se presenta en forma de Live CD.
Os destinatarios son os alumnos universitarios, que recibirán unha copia a principios do vindeiro curso, e o persoal do Goberno de Aragón e Universidade de Zaragoza. En total repartiranse 500.000 copias.”…


…”O Live CD emprega as ferramentas do proxecto Metadistros de Hispalinux, asociación á que pertencen os seus tres autores.
A distribución acompáñase ademáis dun manual de uso e un documento sobre a historia e a cultura ó redor do software libre, liberados baixo unha licencia Creative Commons Atribución-Compartición e reailzados mediante Docbook.
Con esta distribución, unha das maiores realizadas en España, Goberno de Aragón e Universidade de Zaragoza coinciden co Concello da capital mañá no seu interese polo software libre.
Á súa vez, Zaragoza presencia o nacemento dende o propio texido asociativo de diversos proxectos que seguen o modelo do Milímetro Dixital, aunando asociacións veciñais, software libre e redes metropolitanas inalámbricas, e chegando a desembocar no desenvolvemento de programas libres.”
Ligazóns:
GLUZ
Milímetro Dixital
Programas libres
Fonte: hispalinux.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios