35.-REFEITAS DE TINTURAS.

96


-de Murillon: enterite agudas, atonía intestinal, inflamacións das enxivas: Poñer a amolecer nun litro de alcohol de 80º, 100 g de baias de morillón durante 15 días, nunha vasilla pechada, ao sol. 20 ó 30 gotas sobre dunha culleradiña de azucre, antes das comidas. Duración do tratamento: non ten.
-de Noz para o cabelo: aplicase a carapela exterior da Noz directamente nos cabelos ou preparase un cocemento con 200 g de carapela exterior de Noces, 70 g de alcohol e 30 g de auga de colonia.
-de Árnica para uso externo: (luxacións, traumatismos, flemons, contusións, reumatismos, etc.). Amolecer entre unha semana a dez días unha cantidade proporcional de flores de árnica en alcohol de 70º; utilizar unha tela para espremer as flores; filtrar cun papel para este fin. Para aplicar unha compresa deste líquido diluír unha culleradiña de tintura en catro de auga (moi pura pode producir erupcións cutáneas); aplicar o líquido naquelas zonas que non teñan feridas abertas.
-de Azafrán: anti neurálxico para a dor de dentes e moas: Deixar en infusión 10 g de estigmas de Azafrán en 100 g de alcohol de 70°; administrase a gotas, a razón de 10 a 30 sobre da peza doente.
-de Cebola para infeccións intestinais: Poñer a amolecer varias Cebolas en alcohol de 90°. O alcohol e as cebolas deben estar a partes iguais no peso. Despois duns días, filtrar o liquido e conservalo nunha botella de tapón esmerilado. Doses: unha culleradiña antes das comidas. duración do tratamento: ata curar.
-de Ortiga: Deixar remollando dúas presas grandes de Ortiga seca nun litro de alcohol de 90º. Ó cabo dunha semana, filtrar e refregar sobre do cabelo ou da zona doente. Aplicase para afirmar o cabelo e contra da caspa, ademais de usarse para dores reumáticos e hemorraxias uterinas intensas.
-de Marrubio: Deixar remollando 50 a 100 gramos de de Marrubio en medio litro de augardente durante 10 días. Despois filtrar e envasar. Tomar 10 a 15 gotas en auga quente despois das comidas durante dous ou tres meses. Esta aplicación usase como tónico, baixista e para adelgazar. Con esta mesma tintura pódense facer fregas para fortalecer o cabelo.
-de Xarxa: Preparase deixando a remollo medio litro de alcohol de 70º e 50 gramos de xarxa seca durante unha semana, revolvendo a diario. Tomar 50 gotas unha ou dúas veces ó día. Usado contra a suor.
-de Pementos: Poñer en infusión 10 pementos vermellos en 150 g de alcohol puro de 60º durante dous días. Filtrar e usar esta tintura para pincelar as partes afectas, varias veces ó día.
-de Romeo: ante espasmodica, dixestiva e estomaquica. Poñer en amolecemento durante catro ou cinco días, 20 g de follas de Romeo en 100 g de alcohol de 60°. Filtrar e non adulzar. Doses: 15-30 gotas despois das comidas ata que desaparezan os trastornos.
-de Meimendro para calmar a ansiedade nerviosa aguda: Deixar amolecer en 90 g de alcohol de 60º, 10 g de follas secas. 1 ou 2 aplicacións durante a xornada.
-de Cardo santo: contra da inapetencia: Deixar amolecer durante 10 días en 150 g de alcohol de 70º, 20 g de sumidades florais. Filtrar e gardar nunha botella de vidro con tapón. Tomar 20 gotas antes das comidas durante dúas ou tres semanas seguidas
-de Agracexo: hipotensora: Tense de secar as flores o sol con 1 g de flores en 50 g de alcohol de 70º. Deixar repousar polo menos unha semana e despois filtrar. Tomase a razón de 20 gotas antes das comidas e durante 3 semanas seguidas para facer baixar a tensión; 40 gotas antes de deitarse no caso de falla de sono ou de sono pesado.
-dixestiva: Deixar amolecer durante uns días un mollo de follas frescas nun litro de alcohol. Engadir despois 500 g de azucre. Filtrar e gardar nunha botella de vidro tapada. Tomar 20 ou 30 gotas despois das comidas, cada vez que se teña dixestións difíciles.
-laxante: Mesturar 10 g de Ruibarbo esmagado en 200 g de auga e 5 g de bicarbonato. Ferver 5 minutos e coar. 1 ou 2 culleradiñas óa día.
-para cólicos hepáticos: Mesturar 10 partes de esencia de trementina con 15 g de éter. Tomar varias gotas nunha pouca de auga ata que o cólico desapareza.
-para a dor de cabeza: Poñer en infusión durante uns 15 días, 25 g de sementes de anis en 100 g de alcohol de 70º. Tomar de 5 a 15 gotas tres ou catro veces o día.
-para distorsións e contusións: Deixar amolecer durante 10 días, 20 g de raíces ou flores de Árnica en 100 g de alcohol de 60º. Desfacer esta tintura en auga antes de usala en 5 g de auga ou ben mesturar 20 g de tintura, 50 g de glicerina e 60 g de auga. Aplicar sempre con panos empapados sobre da contusión sempre e cando non existan feridas abertas.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios