China achaca á pornografía en Internet unha boa parte dos males sociais do país

32

Lendo codigocero.com:
“O avance económico e tecnolóxico de China semella paralelo a unha certa involución en materia de tolerancia e liberdades. Os internautas medran (é o segundo país do mundo en número de usuarios: 80 millóns) pero os límites que se lles impoñen tamén. Polo menos, iso é o que se deduce da guerra iniciada polo goberno chinés en contra de todo o que signifique (para eles) contido censurable na Rede, páxinas e máis páxinas nas que, segundo as autoridades, hai todo tipo de material indecente (fotos, vídeos, textos) e pornográfico que debe ser prohibido e eliminado de inmediato.”…


…”Este tipo de censura, que é aplicada normalmente por xente que si que ten acceso a ese material (a cuestión é que ser censor é un privilexio), é, segundo o goberno chinés, “unha maneira de poñerlle freo a un fenómeno que está a aumentar no país e que xa danou gravemente ás boas costumes, contaminando o ambiente social e prexudicando á saúde mental dos xóvenes”.
Independentemente de que estas webs prexudiquen ou non a boa saúde dos censores, o certo é que a iniciativa vai cara diante, e xa se habilitou unha páxina, www.cyberpolice.cn, onde os cidadáns poden denunciar os sitios pornográficos que lles pete. Ata o momento xa hai 500 sitios web que van ser eliminados. Dende o momento en que se creou a axencia de vixiancia en China, xa se presentaron máis de 22.000 denuncias. Sexa como sexa, a iniciativa agocha certos matices preocupantes que van máis alá do simple feito de censurar (para moitos de por si censurable), tal e como aseguran Reporteiros sen Fronteiras e outras organizacións de dereitos humanos, para as cales esta e outras medidas non son outra cousa que unha escusa para coartar as liberdades ideolóxicas e políticas. Dito doutra maneira e para que se entenda: no caixón de xastre da pornografía inclúese todo o que vaia en contra das ideas políticas do goberno.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios