37.-POMADAS, UNTURAS E APOSITOS.

153


POMADAS:
Pomada de Matico: A pomada faise en dúas etapas: -Amolecemento: Déixanse a remollo 100 gramos de follas de Matico en medio litro de alcohol, por unha semana. -Elaboración da pomada: Coar o amolecido e filtralo cun pano limpo ou filtro de papel. Quentase a bañomaría medio quilo de vaselina sólida e engádeselle o filtrado. Remexese ata lograr unha mestura homoxénea. Aplicar sobre da lesión, despois de lavar a ferida. A súa aplicación, como se ve, é para curación de feridas.
Pomada de Correola: Conseguir o zume dunha presa de follas de Chantaxe e mesturar con tres culleradas cheas de vaselina sólida ou manteiga de porco. Deixar remollando en medio litro de alcohol, 100 gramos da planta seca, por unha semana. Filtrar e mesturar, quentando a bañomaría ó filtrado, con 500 gramos de vaselina. Esto aplicase para curar feridas, úlceras, e tamén hemorroides.
Pomada de Xarxa: Mesturase mel con tintura ou infusión concentrada de Xarxa e aplicase sobre da ferida. Para curar feridas de lenta cicatrización.
UNTURAS:
-de Alamo para as hemorroides: Preparase con 50 g de gromos frescos de Álamo, que se esmagan nun morteiro e mestúranse con 150 g de graxa (manteiga sen sal, ou vaselina). Ponse a baño maría durante 2-3 horas, ó cabo das cales hai que coalo cunha gasa ou lenzo fino. Aplicase 3 ou 4 veces ó día, sobre a zona afectada.
-para enfermidades da pel, uso esterno: Cocer amodiño carapela de Olmo moída, con manteiga de porco. Aplícase sobre da zona doente.
-para queimaduras e feridas por contusión: Nun recepente de barro mesturase unha presa de follas de Parietaria moi ben moídas con 20 g de salvado e de fariña de fabas, 15 g de auga de malva, un vasiño de aceite de oliva e un vasiño de viño. Aplicar direitamente sobre da parte doente.
APOSITOS:
Apósito de follas de Correola: Lávanse previamente e escáldanse en auga fervendo durante un minuto, para desinfectalas. Para colocalas sobre das úlceras e feridas non deben manipularse cos dedos, senón con pinzas estériles. Fíxanse mediante unha vendaxe, e hai que cambialas 2 ou 3 veces cada día.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios