O 30% do ‘spam’ envíase dende equipos ‘secuestrados’

101

Lendo iblnews.com:
“O 30 por cento do ‘spam’, correo non solicitado, envíase dende calquera ordenador ‘inocente secuestrado’ e ‘zombi’, segundo os investigadores do principal laboratorio antivirus europeo, onde se analizan gran parte dos 90.000 virus identificados que ‘pululan’ pola rede mundial.”…


…”O laboratorio, un edificio de cristal de 15.000 metros cadrados situado en Oxford (Londres), pertence á empresa Sophos e nel traballa un grupo duns 20 expertos, cunha media de idade que non supera os 25 anos, na detención de virus para clientes como a BBC ou a Universidade de Harvard.
‘Ata a túa avoa podería enviarche un virus’, asegurou en declaracións a Efe un dos fundadores da empresa, Graham Cluney.
Os ‘cabalos de Troia’, explicou, son virus que poden rouba-la terceira parte dos recursos dun ordenador, incluídas as libretas de direccións, co obxectivo de enviar ‘spam’, dixo Cluney.”…
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios