LaCie comercializa unha unidade externa de 1,6 Tb

64

Lendo codigocero.com:
“LaCie sacou unha unidade de disco externa de 1,6 terabytes, que consigue integrando 4 discos de 400 Gb sen precisar ningún tipo de controlador especial para o seu uso tanto baixo Windows XP coma en sistemas Mac OS X.
O dispositivo pode conectarse mediante portos FireWire 800 ou 400, presentándose nun deseño de aluminio moi atractivo que tamén resulta moi práctico para a disipación de calor.”…


…”O Bigger Disk Extreme pode colocarse en vertical ou en horizontal, aínda que tamén é posible integralo nun rack de 19 polgadas, o que resulta interesante para as empresas que o queiran empregar para facer copias de respaldo dos seus sistemas.
O disco ten un rendemento bo, chegando a velocidades de 85 Mb/seg., polo que serviría incluso para a edición de vídeo (especialmente porque se emprega a través dun porto FireWire).”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios