O Museo do Mar dialoga entre Santiago e o Mar

64

Lendo elcorreogallego.es:
“O conselleiro de Cultura, Xesús Pérez Varela, inaugurou esta tarde no Museo do Mar de Galicia, en Vigo, a exposición do Xacobeo 2004 Ata o confín do mundo. Diálogos entre Santiago e o Mar.
A mostra reúne máis de 150 pezas procedentes de museos galegos, españois e de Sudamérica e indaga na historia da tradición marítima Jacobea.
Na súa intervención, Pérez Varela cualificou “de proxecto magnífico” esta exposición e asegurou que está organizada para a cidade de Vigo e para toda Galicia.”…


…”Así, o conselleiro referiuse á relación “intensa e afectiva” que mantén Galicia co mar e os seus camiños e á importancia deste vínculo en Vigo, cidade que segundo lembrou, foi a urbe con maior crecemento xeográfico de Europa no século XX.
Pola súa parte, a alcaldesa de Vigo, Corina Porro, subliñou a importancia desta mostra para dar a coñecer as peregrinacións marítimas que cualificou como “as máis utilizadas, pero tamén as máis esquecidas” da historia xacobea.
O delegado do Consorcio da Zona Franca, Francisco López Peña, referiuse ás importantes pezas que integran esta montaxe, algunhas pertencentes á Idade de Bronce, que foron achadas no Castro vigués e que se se expoñen por primeira vez ó público.
Ademais, a mostra inclúe o importante depósito arqueolóxico que se localizou durante a construción do Museo do Mar, situado no barrio vigués de Alcabre.
A exposición, organizada pola Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e o Consorcio da Zona Franca de Vigo, permanecerá aberta ó público ata o 30 de setembro.
O seu contido expositivo se reparte en cinco áreas diferenciadas: Os camiños do mar e a Romanización, A Cristianización, As tradicións Jacobeas, as peregrinacións marítimas, Galicia e Portugal na época dos descubrimentos e o xogo de espellos Santiago, Galicia e América.
Con anterioridade á inauguración, o Padroado do Museo do Mar mantivo un encontro presidido por primeira vez pola alcaldesa de Vigo, Corina Porro.
No transcurso desta reunión tratáronse aspectos relativos á futura programación do museo , entre eles, a preparación da exposición permanente, cuxa inauguración está prevista antes de final de ano.”
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios