Telefónica doblará a velocidade de tódalas súas liñas ADSL en setembro

103

Lendo iblnews.com:
“Telefónica de España comezará a duplica-la velocidade das súas 2,1 millóns de conexións de banda ancha mediante ADSL a finais de setembro. A modalidade básica pasará de 256 kbps a 512 kbps mantendo o actual prezo de 39 euros.”…


…”A compañía, que non modificará as tarifas que cobra ós seus aboados, espera ter rematada esta iniciativa antes de que remate o ano, respetando os prazos que o organismo regulador estableceu na súa autorización.
A migración non precisará de trámite algún por parte dos aboados, e tamén será de aplicación ás novas altas de ADSL que se produzan ata que se complete o proceso, que non afectará ó resto de prestacións do servicio que o cliente tivera contratadas, tales coma contas de correo, antivirus, mantemento, etc.
Así, Telefónica espera que en 2005 as velocidades nominais de descarga de información sexan o doble das actuais, de forma que a modalidade básica de ADSL se situará en 512 kilobits por segundo (kpbs) para a baixada de información e 128 para a subida.”…
Fonte: iblnews.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios