40.-REFEITAS DE ZUMES.

142


-de Boldo para a dor de oídos: Esmagar follas frescas de Boldo nun pano, despois sacarlle o zume por torcedura. Botar un pouco deste extracto nos oídos afectados. contraindicacións: O consumo de Boldo nas súas diferentes formas está contraindicado no caso de obstrucción das vías biliares e enfermidades hepáticas graves, xa que nestes casos, aconsellase o repouso dixestivo. Pola presencia de alcaloides, non debe tomarse durante a preñez, a lactación e na nenez.
-calmante e antidoente: Preparase esmagando os talos da Leituga no morteiro e espremendo despois o zume a traveso dun lenzo. Deixase callar ó calor. Doses: 5-10 g cando se desexe calmar unha dor ou un estado de excitación.
-de Chantaxe: O zume extraese esmagando unha presa de follas frescas de Chantaxe estrullándoas; fáiselles pasar por unha criba ou pano limpo. Esto utilizase para curar feridas e para dores de oídos.
-de Ortiga: Esmagar ben a planta fresca e pasala por un pano para sacarlle o zume. Beber unha culleradiña dúas ou tres veces ó día, durante varias semanas. Tamén se pode aplicar dereitamente na pel para calmar irritacións alérxicas. Normalmente utilizase o zume para afeccións na pel.
-de Silva: Verter suficiente cantidade de flores e follas frescas, sacarlle o zume esmagándoas sobre unha tela limpa e -despois- por torcedura. (Cerrase a tela e retorcese facendo destilar o zume sobre dunha xarra). Administrar o zume en doses de 50 a 160 gramos, en varias tomas ó día, con auga morna. (Como astrinxente).
-depurativo de Fumaria: Nun litro de auga poñer 40 g de sumidades florais e 200 g de azucre. Ferver durante media hora e filtrar despois cun lenzo. Tomar varios vasiños o día.
-diurético de Granado: Ponse a amolecer 100 g de polpa da gra en 300 g de alcohol de 60º e engádenselle 500 g de xarope simple. (Lembremos que o xarope simple faise cocendo 320 g de azucre en 180 g de auga). Tomar 2 ou 3 culleradas o día unha tres semanas. Descansar oito días e volver a tomalo.
-de Correola depurativo do sangue: Cocer correola fresca unhas tres horas en moita auga, engadir dúas presas de baias ou de follas de xenebreiro, despois quitar as follas da correola e deixar cocer engadindo azucre ou mel, despois filtrar.Tomar 2 ou 3 vasiños pola maña antes do desaúno e afastado das comidas, dúas semanas.
-reconstitúente: Deixar en infusión durante vintecatro horas 20 g de follas frescas de menta en 50 g de alcohol de 90º. Engadir 100 g de auga e por ultimo 200 g de xarope simple. Filtrar e tomar dúas culleradas o día antes das comidas, aproximadamente un mes.
-de Sabugueiro: Preparase cunha parte de zume de froitos de Sabugueiro e dúas de mel. Fervese todo ata que colla a consistencia de xarope. Tómanse de 3 a 6 culleradas diarias. Utilizase en afeccións respiratorias e da gorxa, entre outras.
-para afección pulmonais: Obtense esmagando as follas frescas cun lenzo e tomase en doses de 30 a 50 g o día.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios