A Deputación colaborará con 90.000 euros no programa Vilas Dixitais

85

Lendo aspontes.org:
“O Pleno da Deputación aprobou este xoves unha serie de investimentos e axudas para a zona. Entre os trinta puntos tratados no pleno deste organismo, aparece a concesión dunha axuda de 90.000 euros para a nosa vila para o proxecto ‘Vílas dixitais’.”…


…”Esta partida axudará a sufragar a parte municipal que lle correspondía ó noso concello para entrar no programa.
Os cartos vanse destinar á xestión e asesoría, adquisición de equipamentos tanto para a radio como para a televisión locais, para contidos dun portal cidadán e para a formación dos veciños en novas tecnoloxías.
O resto do orzamento, en torno a uns cincocentos mil euros, poñerano o Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía e maila Xunta de Galicia, e servirá para rematar co proceso de dixitalización dos medios locais e para conectar a internet vía satélite ás parroquias e dotalas de equipamentos nos telecentros, que se ubicarán nos propios locais das asociacións de veciños.
O proxecto terá un período de execución de catro anos, aínda que a maior
parte da aportación xa se fará neste 2.004.”…
Fonte: aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios