As aulas de informática terán novos equipos

50

Lendo codigocero.com:
“A Consellería de Educación e a Universidade de Santiago (USC) asinarán un convenio de colaboración polo que se adquirirán ordenadores para aulas informáticas. Para levar a cabo esta medida, a Xunta destinará unha partida orzamentaria de 260.000 euros.”…


…”A USC estima necesaria a adquisición de ordenadores para a rede de aulas de informática co obxectivo de diminuír a ratio de alumnos por ordenador e a Consellería de Educación ve oportuno colaborar coa USC neste cometido por ser un asunto que lle compete directamente.
Por outro lado, a Consellería de Educación e a Universidade dá Coruña asinarán un convenio para a adquisición de equipamento para salas de estudio do Centro de Elviña, Centro Universitario de Riazor e outros.
O material que se adquira será, principalmente, de tipo audiovisual e equipamento docente. O importe deste convenio ascende a un total de 678.015 euros, o que somado ao anterior convenio dá unha cifra de investimento de 938.015 euros na adquisición de material para as dúas universidades galegas.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios