Solucións naturais para mellorar a memoria:

135

¿Cantas veces pensou que non era quén de lembrar algún dato que coñecía perfectamente? Ben, pois iso é o que se lle chama “lagoa mental”. E é que as veces o noso cerebro xoga con nós.


¿Qué é a memoria? A memoria é a capacidade de reter e lembrar -por procesos de asociación inconscentes- sensacións, ideas e conceptos experimentados con anterioridade, así como a información aprendida de xeito conscente. Hai diversos tipos de memoria:
* Memoria a curto prazo, que permite reter durante so uns segundos determinada información como, por exemplo, un número de teléfono.
* Memoria a longo prazo, que serve para conserva-la información durante un tempo mais alongado.
* Memoria semántica, que conserva datos concretos como as capitais do mundo, as táboas da multiplicación, etc.
* Memoria episódica, que garda as lembranzas de feitos que temos vivido directamente e que os relaciona con diversos elementos; retemos cousas coma os detalles dunha paisaxe aos que non lle prestaramos especial atención e que despois somos capaces de lembrar sen saber que eses datos estaban almacenados na nosa memoria.
* Memoria procedural, que nos permite realizar cousas de xeito automático unha vez aprendidas sen necesidade de prestar atención constante de xeito que, ó mesmo tempo, podemos facer outras actividades como parolar ou pensar noutras cousas.
Pero a memoria falla ás veces e as causas poden ser moi variadas: canseira física e/ou intelectual, estrés, falla de sono, alimentación desaxeitada, falla de adestramento intelectual…
Non hai dúbida que a nutrición do cerebro é fundamental para manter a súa función en nas mellores condicións. Por un lado, para protexe-las neuronas e paliar o estrago da memoria ou do razoamento é importante seguir unhas pautas alimentarias saudables que aguilloen a función, manteñan a estructura das neuronas e, incluso, protexan contra do envellecemento; e, por outro, para lograr o imprescindible aporte de sangue que permita que os nutrintes chéguenlle na proporción suficiente. Estas son, nese sentido, as pautas alimentarias que lle suxerimos:
-Consuma pescados azuis, ricos en ácidos graxos esenciais da serie omega-3. Estes ácidos graxos forman parte das membranas das neuronas. Existen diversos estudios que conclúen que existe unha relación dereita entre o bo estado da nosa capacidade mental e elevados niveis sanguíneos deste tipo de graxas
-Teña en conta que o aceite de oliva virxe e o allo cru axudan tamén a evitar os fallos da memoria.
-Tome de cotío lecitina de soia. Tratase dun fosfolípido integrante das membranas das neuronas.
-Siga unha dieta variada e rica en alimentos que conteñan vitaminas do grupo B coma cereais integrais, legumes e froitos secos. Estas vitaminas son fundamentais para as funcións cerebrais. De feito, varios estudios demostran que incluso a xeito de suplementos poden axudar a mellorar as nosas funcións mentais.
-Procure seguir unha dieta rica en antioxidantes. Os mais importantes son o betacaroteno (provitamina A) e as vitaminas B3, B6, B8, B12, C e E así como a Glutation Peroxidasa; lista á que hai que engadir minerais coma o cromo, o zinc e o selenio, o calcio e magnesio. En canto ós productos vexetais con accións antioxidantes, destacan o allo, a soia, o xerme de trigo, o té, o viño (especialmente o tinto), o pescado, algunhas verduras (brécol, col, cenouras, cebolas, espinacas e tomates) e certos froitas (uvas, cítricos -laranxa, limón e pomelo-, cirolas, fresas, framboesas, grosellas e murillóns)
-Por último, evite o alcohol e as bebidas estimulantes.
A memoria e a fitoterapia: Para mellora-la memoria e o rendemento intelectual podemos empregar diferentes plantas:
* Gingko biloba. Tratase dunha árbore que pode chegar ós 40 metros de altura. Empregase na Medicina China dende fai mais de 4.000 anos. As súas follas posúen sustancias que actúan sobre do sistema circulatorio a varios niveis pero, sobre todo, aumentan a circulación cerebral e xeral, tonifican os vasos sanguíneos e protéxenos do envellecemento.
É especialmente efectivo no tratamento da insuficiencia circulatoria cerebral, reducindo a depresión, a perda de memoria e o sentido da orientación. Tamén enlentece o progreso da enfermidade de Alzheimer cando se comeza a tratar cedo.
Pode tomarse en diversas formas:
Extracto fluído: 30 gotas 2 ou 3 veces ó día.
Cápsulas de extracto: 60 miligramos por cápsula. Tomar 1-2 cápsulas ó día.
Infusión: unha cullerada sopeira rasa de follas por cada cunca ó lume durante 3 minutos e deixando repousar 5. Tomar 3 cuncas ó día.
* Romeo. Conten substancias activas a nivel do sistema cardiovascular, mellorando a circulación xeral e o sistema nervioso. É un tónico xeral que estimula as funcións cerebrais.
Tomase en infusión: media cullerada sopeira rasa por cada cunca de auga. Fervese durante 1 minuto e deixase repousar 10 minutos. Adulzase con mel e tomase unha cunca ó día.
* Vincapervinca. É unha planta herbácea de 10-20 centímetros de altura. As súas follas conteñen vincamina, indicada na insuficiencia circulatoria cerebral xa que é un potente vasodilatador das arterias cerebrais, aumenta a irrigación do tecido cerebral e mellora o funcionamento do sistema nervioso central. Está demostrado que a vincamina actúa mellorando a osixenación das neuronas. Empregase en decocción de 30-50 gramos de follas por litro de auga durante 2 minutos. Tómanse 3 cuncas ó día adulzadas con mel de romeo. Xunto con estas recomendacións de carácter nutricional e fitoterápico, non esquecemos que a clave é permanecer activos. Actividades como tocar algún instrumento, pintar, ler, facer exercicios mentais, facer encrucillados ou xogar ao xadrez axudan que a nosa mente non de faga vella.
Tisana para mellorar a memoria: Gingko biloba 25 gramos, Romeo 20 gramos, Laranxo amargo 20 gramos, Anís verde 15 gramos. Doses: 5 gramos en 150 ml de auga. Tomar 3 cuncas ó día despois das comidas (desauno, comida e merenda). Adulzar con mel de romeo.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios