Os videoxogos lideran o lecer

67

Lendo codigocero.com:
“O xornal económico Cinco Días chama a atención sobre a situación actual do mercado dos videoxogos, que lidera o lecer doméstico, sendo o meirande competidor da industria cinematográfica.”…


…”Deste xeito, os videoxogos facturaron 800 millóns de euros en España en 2003, fronte a uns ingresos de taquilla de 636 millóns nos cines, 534 millóns en vídeo e DVD e 531 millóns en música, polo que o panorama cambiou con respecto a anos anteriores, nos que os xogos electrónicos tiñan unha posición máis modesta.
Agora, os videoxogos abren novos mercados e, aínda que sexa habitual que os adapten á pantalla grande (como pasou con Tomb Raider ou Resident Evil), a última tendencia consiste na comercialización de bandas sonoras dos propios xogos, chegando unha das mesmas a vender máis dun millón de copias nos EE.UU.”
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios