EUROEUME TRABALLA NA PROCURA DE AUMENTAR O VALOR DOS PRODUCTOS LOCAIS

45

Esta Entidade, en colaboración coa Agrupación Agroalimentaria do Eume, organizan o vindeiro martes, nas oficinas que EuroEume ten na Rúa Capela, 21 de As Pontes, 10 de agosto, ás 16.00 horas, unha charla sobor da Transformación e Conserva de Alimentos. O ponente desta charla será Antonio Fernández Oca, funcionario do Centro de Formación Agraria da Xunta de Galicia.


Esta charla encádrase nos esforzos que tanto EuroEume, como a AAE están a realizar na procura de obter un maior valor engadido nos productos locais e que este maior valor revirta posteriormente no territorio do Eume. Outro dos obxetivos céntrase na creación de novos empregos no eido rural.
Os destinatarios desta actividade son fundamentalmente os productores agrogandeiros do territorio, así como as Cooperativas da zona, e potenciais promotores de proxectos relacionados coa transformación de alimentos. O acceso será totalmente gratuito para todas aquelas persoas interesadas neste tema.
Con esta charla continúase a liña estratéxica da Agrupación Agroalimentaria do Eume, de organizar a oferta agroalimentaria do territorio, e buscar unha saida ós productos locais, que deixe un maior beneficio no territorio. Esta mesma inquietude tamén forma parte dos eixos da Asociación EuroEume, desde a que se confirma, un apoio incondicional, a todos aqueles promotores interesados en levar adiante un proxecto de transformación ou conserva de alimentos.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios