O Instituto Galego de Consumo rexistra máis de 500 reclamacións sobre a facturación da telefonía fixa

82

Lendo codigocero.com:
“No Instituto Galego de Consumo constan 392 denuncias contra Uni2, 117 contra Auna e 10 contra Tele2, ou sexa, 519 denuncias contra empresas de telefonía fixa durante o que vai de ano, o que amosa que as prácticas irregulares no sector se dispararon.
Comentan que a meirande parte das reclamacións se resolven antes de chegar á vía da arbitraxe, xa que as operadoras acceden á devolución dos cartos cando detectan o erro.”…


…”O rechamante caso de Uni2 fixo que a compañía anunciase que tratará de investigar o problema, que podería deberse a malas prácticas comerciais, como poderían ser publicidade enganosa, a obtención ilícita dos datos bancarios ou o engano de distribuidores que se fan pasar por persoal de Telefónica (polo que logo os consumidores se atopan con recibos dunha compañía coa que non contrataron ningún servizo).”…
Fonte: codigocero.com

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios