A Xunta Directiva de EuroEume aproba as subvencións para catro novos proxectos

27

A Xunta Directiva da Asociación EuroEume, aprobou en Xunta Directiva a
sinatura de catro novos contratos de axuda, que se conceden dentro da
iniciativa comunitaria Leader +.

euroeume.jpg


HOTEL DA NATUREZA, _CASA DO REGUEIRO_; este proxecto ubícase no concello de Monfero, e consiste na adaptación dun edificio á actividade hoteleira e hosteleira. Situado na entrada das _Fragas do Eume_, tamén engadirá a súa oferta diversas actividades de ocio alternativo, como poden ser rutas a cabalo polas fragas, horto ecolóxico, granxa escola,_. A inversión que se efectuará nesta empresa é de 537.427 _, e a subvención aprobada pola Xunta Directiva de EuroEume é de 126.070 _.
OBRADOIRO DE CERÁMICA _ROSA JOVE_; esta recoñecida artesá traslada o seu taller a San Martiño do Porto, no concello de Cabanas. Este proxecto naceu con vocación de ampliar o seu obradoiro, amén de ten maior
disponibilidade de espacio para outras iniciativas como poden ser un lugar adicado á exposición e venta das obras, atención de visitas turísticas, etc. A inversión que afrontará esta empresaria será de 245.337.96 _ dos que 42.748.09 _ serán subvencionados por EuroEume con fondos do Leader +.
HOTEL GASTRONÓMICO, este proxecto, ubicado en As Somozas, onsiste na adaptación dunha _casa grande_ ás necesidades dun _Hotel Gastronómico_, incluida a rehabilitación do edificio e a dotación dos servicios,
maquinaria e mobiliario necesarios. O proxecto ofrecerá unha serie de servicios especializados e de calidade, baseadas na recuperación do _Arte Culinario Galego_, en especial o da zona do norte de Galicia e especialmente a da zona do Eume. A inversión contemplada neste proxecto é de 506.457,04 _, dos que 128.057, 86 _ terán cargo ós fondos do Leader +.
PROGRAMA DE APOIO OS ALOXAMENTOS RURAIS DO EUME, promovido polo Centro de Iniciativas Turísticas EumeTurismo, este proxecto consiste nunha acción formativa práctica de _Calidade nos aloxamentos rurais_ dirixida a todolos empresarios de aloxamentos rurais da zona Eume Turismo. A
inversión contemplada no proxecto é de 17279.96 _, e a subvención aprobada pola Xunta Directiva de EuroEume, con cargo ós fondo do Leader +, será de 9676.78 _.
euroeume.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios