EuroEume acolle a organización do curso de ‘tecido avanzado’

40

Este venres celébrase a clausura do “Curso de Tecido Avanzado” que a Asociación EuroEume acolleu o longo de toda esta semana.

curso-tecido-avanzado.jpg


Este curso foi organizado pola artesá pontesa Marisa Hermida Orosa, membro da “Asociación de Artesáns do Eume” é profesora de encaixe de bolillos en diversos concellos da comarca. EuroEume continúa así co seu apoio ó colectivo de artesáns do Eume, nesta ocasión coa financiación do Programa Comunitario ENEA, na liña de recuperación dos oficios e artesanías tradicionais.
O obxectivo desta acción formativa é mellorar a capacitación profesional das asistentes, xa que todas elas exercen como monitoras nos seus lugares de orixe. A encargada de impartir este curso de 40 horas é Mª José Riera Antuña, procedente de Xixón, e profesora especialista en diversas técnicas de encaixe. O curso acadou un gran éxito, ó contar coa participación de 9 artesás procedentes de diversos puntos de Asturias, León e Galicia.
Por outra parte, continúa en Pontedeume a mostra de artesanía organizada pola “Asociación de Artesáns do Eume”, que ten lugar na “Casa da Cultura”, e que permanecerá aberta ata finais do presente mes, en horario de 7 a 10 da tarde. Nesta mostra están á disposición dos visitantes os catálogos de “Artesáns do Eume”, editados por EuroEume en colaboración coa “Asociación de Artesáns do Eume” e con EumeTurismo. A tirada deste catálogo é de 10.000 exemplares, e contou coa financiación da Iniciativa LEADER +.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios