EUROEUME CONVOCA ‘MESA SECTORIAL DE ENTIDADES E MELLORA DE CALIDADE DE VIDA’

34

Este sábado, ás 10.30 horas, celebrarase nas oficinas da Asociación EuroEume en As Pontes, unha nova convocatoria da “Mesa Sectorial de Asociacións e mellora de calidade de vida”. Esta reunión está aberta a tódalas asociacións e persoas do territorio interesadas no desenvolvemento do territorio que abrangue a asociación: A Capela, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Pontedeume, Monfero, Moeche, San Sadurniño e Vilarmaior.


Nesta ocasión os temas incluidos na orde do día refírense á futura implantación da AXENDA XXI LOCAL e o papel que o tecido asociativo ten que desenvolver na formulación da mesma; á apertura da inscripción ó “Curso formativo de Axentes Culturais” a persoas de tódolos concellos que abrangue EuroEume; e a posible elaboración dunha publicación quincenal referida ó territorio promovida desde EuroEume.
O proceso de definición do que será a AXENDA XXI LOCAL debe comezar pola participación cidadá, e desde EuroEume preténdese que as liñas de actuación de futuro, no referente ó crecemento económico sostible do territorio, partan das necesidades e problemas detectados polas asociacións representativas dos diferentes colectivos interesados no desenvolvemento integral do territorio, tal e como fixeron nas exitosas candidaturas ós programas euroepeos PRODER e LEADER +.
En canto ó “Curso Formativo de Axentes Culturais” que se está a desenvolver en Pontedeume, a Asociación EuroEume quere comunicar que a inscripción está aberta a todas aquelas persoas do territorio interesadas.
Para mais información contactar con:
Angel Lorenzo Cea
Dir. Comunicación EuroEume
981440668
comunicacion@euroeume.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios