Max Ernest e amigos

48

Lendo elcorreogallego.es:
“A Fundación Pedro Barrié de la Maza presenta en exclusiva para España Max Ernst e os seus amigos surrealistas, unha exposición de produción propia acerca dun dos movementos da vanguarda histórica que maior influencia exerceu no devir da Historia da Arte.”…


…”A mostra inclúe 90 obras e presenta como núcleo central o traballo de Max Ernst, figura indispensable na xénese e desenvolvemento do movemento surrealista europeo dende a publicación do Manifesto Surrealista en 1924 ata finais dos anos sesenta. A este sólido alicerce únense obras de autores indiscutibles na aventura surrealista da talla de André Masson, René Magritte, Víctor Brauner, Giorgio de Chirico, Marcel Duchamp, Joán Miró, Francis Picabia ou Óscar Domínguez. A mostra formula un percorrido ilustrativo pola poética do Surrealismo entendido como filosofía de vida e complétase cunha coidada escolma de cadáveres exquisitos e debuxos comunicados, asociacións libres de ideas colectivas con resultados inesperados, asinados ex aequo e raramente expostos.”…
Máis información en fbarrie.org
Fonte: elcorreogallego.es

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios