II Congreso LinuxNoroeste

90

Por segundo ano consecutivo celébrarase en Vilagarcia de Arousa o Congreso LinuxNoroeste que xurdiu como unha iniciativa para dar a coñecer o sistema operativo Linux e o mundo do Software Libre que tanta importancia esta tendo dentro da nosa sociedade, o primeiro ano enfocouse como unha reunión dos grupos de usuarios de Linux do noroeste peninsular englobando a Galicia, Asturias, Leon, Zamora e Norte de Portugal pero sen olvidar tamén os usuarios que non coñecían este mundo.


Este ano sin embargo centrarase máis no usuario novel con varias charlas de iniciacion así como un par de talleres sobre instalación e manexo de algunhas ferramentas deste sistema operativo e tamén a demostracion do funcionamento do mesmo dende a instalación ata o uso cotiá.
Dentro do ciclo de conferencias a impartir cabería destacar a importancia que se lle dará ó movemento social xenerado por Linux e máis importante sen dubida do Software Libre de donde naceu este S.O., destaca por exemplo a conferencia dun dos fundadores do proxecto debianitas Emilio Guirado Hernandez xunto con Juan Antonio Nache Ramos e Alejandro Grijalba Martinez manteñedores deste proxecto.
Tamén contaremos ca presencia de Rodrigo Moya que xa asistiu como conferenciante o ano pasado e que na actualidade traballa para Novell despois de que esta comprase a compañía na que traballaba coñecida coma Ximian.
Por último cabe destacar tamén a represantación da xente dos distintos LUGs (Grupos Usuarios Linux) de Galicia e das comunidades veciñas.
Tamén nesta edición hai sitio para as novas tecnoloxías que virán da man de Adrián Yanes un xoven zamorano con grande experencia en redes wifi que colaborou activamente no desenvolvemento da rede que existe na cidade de Zamora galardonada con varios premios por esta iniciativa.
Como último destacar o esforzo de José Pedro Andrés García que nos relatará de qué maneira afecta o Software Libre dentro da actividade que desenrola a súa empresa Sync.es dedicada a dar aloxamento web e demais servicios baseando o seu servicio en ferramente de codigo aberto e o sistema operativo Linux.
Dentro dos talleres e demostracións que se levarán a cabo repetiremos a experiencia do pasado ano co taller de Blender (diseño 2D e 3D) que se complementa con outro de Gimp (substituto libre do Adobe Photoshop).
O congreso celebrarase os días 9 e 10 de Outubro no Auditorio de Vilagarcia de Arousa, sendo o horario de 10:30 a 20:30 parando de 14:00 a 16:00 pra comer
Nova cortesía de:
German Güimil Lopez
Coordinador Congreso LinuxNoroeste

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios