Curso de mantemento industrial

47

[RTVi-As Pontes] O sindicato CC.OO. Organiza nas Pontes un curso de mantemento industrial, dirixido a demandantes de emprego que estean censados nas Pontes. O curso terá unha duración de 420 horas e dará comezo o 4 de Outubro. O horario das clases será de luns a venres, de nove a dúas da tarde.


O curso será eminentemente práctico e inclúe tamén prácticas en empresas, estando limitado o número de prazas a doce. Para máis información poden dirixirse ó teléfono 981-44 03 21.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios