EuroEume acude ó Foro de Cooperación Transnacional en Desarrollo Rural en Avilés

60

Este Foro terá lugar entre o 29 de setembro e o 2 de outubro. Mais de 200 participantes asisten a esta cita co obxectivo de impulsar proxectos de cooperación e de realizar un intercambio de boas prácticas. Os participantes proceden de Grupos de Acción Local de toda Europa que, como EuroEume, están a implementar a Iniciativa Comunitaria LEADER+, ou Programas nacionais de Desenvolvemento Rural, como PRODER.


O encontro comeza o mércores pola tarde, coa celebración dun acto inaugural, e dúas conferencias referentes á “Programación actual e as perspectivas da Comisión Europea sobre Desenvolvemento rural” e á “Presentación do Punto de Contcto Leader +” (antiguo Observatorio Europeo Leader).
Na segunda e terceira xornadas desenvolveranse as “mesas de cooperación temáticas”, nas que os diferentes grupos asistentes exporán os seus traballos e ideas de futuro, e buscarán outros grupos con iniciativas e inquedanzas similares para establecer proxectos de cooperación.
Os temas que se tratarán nas “mesas de coopreación temáticas” serán os seguintes: Productos Locais (Agricultura, Gandeiría e Artesanía), Gastronomía, Turismo, Asociacionismo, Comunicacións e Novas Tecnoloxías, Medio Ambiente, Formación, Patrimonio e Cultura. Os proxectos de cooperación que xurdan deste foro versarán necesariamente sobre algún destes temas.
EuroEume asiste ó Foro para observar proxectos que se están a desenvolver noutros lugares, e na procura doutros Grupos de Acción Local que traballen un proxectos de desenvolvemento rural que podan ser complementarios cos proxectos que a Asociación ten en marcha, como pode ser o caso da Valorización dos Productos Locais, cuestións de boas prácticas Medio Ambientais, Servicios Colectivos, etc
O sábado, día de clausura do Foro, realizaranse visitas a proxectos financiados e impulsados polo Leader +, e a zonas de interese da comarca de Avilés.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios