Servicio de Matrona do PAC (Centro de Saúde), do Concello de As Pontes

96

[RTVi-As Pontes] O Punto de Atención Continua das Pontes, máis coñecido como Centro de Saúde, queda a partir deste mes de outubro sen o servicio de matrona; unha circunstancia que o grupo de goberno do BNG quere subsanar o antes posible. Os responsables municipais teñen previsto reunirse este venres có Coordenador do Pac, o doutor Escrigas, para recibir información de primeira man sobre a situación no centro, e tamén das solucións que lle van dar os resoponsables comarcais de atención primaria. A xuntanza vai ter lugar no propio centro sobre a unha e media da tarde, coa presencia do alcalde pontés, Víctor Guerreiro; e dos concelleiros do grupo de goberno, Susana Vilaboy, e Antón Martín, que ocupan ademáis os cargos de presidenta e vicepresidente do Consello Local de Sanidade.


O grupo municipal do BNG tivo coñecemento extraoficial da marcha da actual matrona, debido a un traslado de posto de traballo, pero non parece moi claro que esta ausencia, prevista dende onte xoves, vaia ser suplida con celeridade. Polo tanto na reunión os cargos locais plantexarán as cuestións claves neste caso, a situación actual no servicio de xinecoloxía con esta vacante, tamén se pretende determinar se xa está cuberta esta praza no centro de Saúde pontés, e aproveitarán para interesarse por outras posibles deficiencias.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios