Artesanía do Eume

65

[RTVi-As Pontes] Unha vintena de artesáns da comarca do Eume forman parte do catálogo que ven de edita-la Asociación Euroeume e que vai ser distribuido por tódolos concellos do territorio e tamén por outras zonas para dar a coñece-lo traballo que se fai actualmente no mundo da artesanía. Nesta edición, sairon do prelo máis de cinco mil exemplares. Deste xeito, Euroeume vai completando unha boa colección de catálogos de de material impreso no que se publicitan os establecementos de hostalería e restauración máis destacados, e tamén os productos típicos, ademáis de sacar á luz mapas e planos turísticos.


A presencia de artesáns ponteses no catálogo é moi destacada. Podemos atopar a Lourdes Acera, muller polifacética que realiza traballos en madeira, tanto decorativos como a restauración de mobles e pequenas pezas; pero tamén se adica ó pirogravado sobre chapa de madeira e a bixutería decorativa.
Tamén aparece reflectivo o traballo no torneado da madeira de Fernando Vérez, que xa leva moitos anos adicándose a esta actividade, facendo diversas pezas como xerros, cuncas ou esferas estreladas.
Outro capítulo aparte é o canteiro César Dapena, que emprega un material máis sobrio e duro de reformar como é o granito do país. No seu obradoiro, situado no Polígono dos Airios, céntrase na producción de pezas de canteiría tallada e escultura decorativa, orientadas a espacios públicos e privados.
Neste catálogo editado por Euroeume aparece tamén a palilleira Marisa Hermida, afincada nas Pontes dende hai tempo. REaliza diferentes tipos de encaixe de bolillos, o de Camariñas, o ruso, follas e Bruxas, Flandes, aínda que non vende os seus productos, xa que unicamente participa en mostras e imparte cursos.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios