Visita institucional de Xaime Bello

81

[RTVi-As Pontes] O vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña, Xaime Bello, realizará mañá xoves unha visita institucional á nosa vila, na que aproveitará para percorrer varias obras que está financiando no municipio o organismo provincial.


Xaime Bello será recibido inicialmente no salón de plenos polo goberno local, pero logo comezará un extenso periplo que o levará por varios puntos. Achegarase entre outros puntos ó Conservatorio de Música, ó Pavillón Polideportivo do IES Castro da UZ, e o concello aproveitará para demanda-lo amaño da estrada As Pontes-Momán, que é de titularidade da Deputación.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios