LinuxParty2004 no CUVI

26

Lendo galpon.org:
“Os próximos 26, 27 e 28 de Outubro celebrarase a LinuxParty2004 na Cidade Universitaria de Vigo organizada por GALPon.org
A Linux Party é un lugar de encontro para todos aqueles que están interesados na informática onde se promocionará o Software Libre, tendo como punto central o Linux. Amosaranse as distintas posibilidades deste tipo de software co obxectivo de difundilo na Universidade de Vigo e na sociedade en xeral.”…


…”A Linux Party está coorganizada polo Vicerrectorado de Extensión Universitaria e Alumnado da Universidade de Vigo e pola asociación GALPon.org que dará asesoramento técnico os usuarios que queiran adentrarse neste mundo, e aproveitar o ancho de banda para descargar as actualizacións ou instalar Linux nos seus equipos. Non será unha party para descargar audio, vídeo ou aplicacións non libres.
Celebrarase os días 26, 27 e 28 de outubro de 2004 durante as 24 horas no Teatro da Cidade Universitaria do Campus de Vigo. Comeza o 26 ás 10 da maña e remata o 28 ás 6 da tarde. Estimase unha participación de 100 persoas que poden inscribirse ata o 19 de outubro na web: www.universitua.org, cunha cota de inscrición de 12?. O desenvolvemento da party é similar a outras tendo que levar cada persoa o seu equipo e proporcionándoselle espacio para durmir e asearse.
As empresas demandan técnicos que coñezan o Software Libre e poidan implementalo nos seus proxectos. Os programadores “freelance” teñen nesta party un bo escenario para amosar as súas habilidades. Comezan a existir demasiadas parties e os usuarios de Software Libre buscan algo máis que descargas indiscriminadas da rede.
Durante estes tres días faranse diversas actividades: concursos de programación PHP, deseño gráfico, bash-scripting, “Toma da Bastilla” (hacking), Real Time Battle, Linux na XBOX, obradoiro de antenas WiFi, mostra de equipos electrónicos con Linux, …. e outras moitas.
Tamén haberá charlas e conferencias: “Novidades de kde3.3”, “Proxecto escomposlinux. Servicios distribuídos usando ADSL”, “Software libre en el entorno de investigación universitario”, “Presentación de GNIX-Live CD en galego. Adaptacións dun CD-Live”, “Linux en entornos corporativos”, “Curso de Gambas”, etc.”
Toda a información en www.universitua.org e en www.galpon.org, para consultas vía email: linuxparty2004@galpon.org
Fonte: galpon.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios