Programa Proximitas

31

[RTVi-As Pontes] O Concello das Pontes formará parte xunto con outros 79 Concellos da Coruña do programa Proximitas, un proxecto moi semellante ó Insertamos que xa se realizou no noso municipio durante dous anos. O obxectivo é fomenta-lo emprego entre persoas desempregadas, con dificultades para acadar un posto laboral.


Ata o venres, 29 de Outubro, estará aberto o prazo para face-las fichas de inscrición do curso “Auxiliar do Fogar, coidador” do proxecto Proximitas. O curso desenvolverase no Concello de Pontedeume e terá unha duración de 625 horas. Esta actividade enmárcase no que a Deputación denomina formación xeral e práctica. Os beneficiarios deste curso deberán ser persoas desempregadas de máis de 18 anos, empadroadas en municipios da provincia da Coruña; e persoas en situación de exclusión social ou en risco de exclusión, especialmente mulleres con cargas familiares non compartidas. Tamén se destina o curso a inmigrantes sen formación; desempregados con máis de 30 anos que nunca traballaran; e persoas que tiveran que deixa-lo seu emprego por razóns familiares.
O prazo para face-la ficha de inscrición será de hoxe ó venres, e os interesados deben chamar ó teléfono do Centro de Información á Muller, ó 981-44 10 08, para concertar unha entrevista, á que deberán acudir con fotocopias do DNI e da tarxeta do INEM.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios