Mostra Folclórica

82

[RTVi-As Pontes] A Asociación Cultural Alende vai ter unha fin de semana animada, nos días previos á Feira de Fungos. Para comezar, o sábado á tarde ofrecerá unha pequena representación teatral na Vila, para ameniza-las celebracións do Samaín. Alí estará o grupo O Catre, cunha peza moi no seu estilo. E ó día seguinte esta entidade ofreceranos a Mostra Folclórica Vila das Pontes, un certame no que este ano participan varios grupos da Bisbarra.


A Mostra cumprirá este ano os trece, e cada tempada ofrécenos un anaco do folclore que se fai por diversos puntos de Galicia, e tamén nos trae a un nacente grupo de folk. As actuacións comezarán o domingo ás sete da tarde.
Alende está iniciando unha nova tempada e nestes días os seus integrantes retoman os ensaios nas agrupacións de baile e tamén os ensaios no grupo de teatro. Unha selección deste traballo poderemos velo o sábado e o domingo, e claro está, a asociación está aberta a calquera veciño.
A mostra Folclórica terá como escenario o Cine Alovi e está patrocinada polo Concello das Pontes.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios