Degustación Popular

26

[RTVi-As Pontes] O equipo de cociña da Residencia Xeriátrica La Magdalena comezou xa coa elaboración dos menús que se van servir o vindeiro luns na degustación popular da Feira dos Cogomelos. Dez persoas encargaranse este ano de prepara-las mil racións.


O luns comezaron os preparativos da degustación popular da Décimo Quinta edición da Feira dos Fungos e dos Cogomelos. Por cuarto ano consecutivo, os pratos elaboraranse na cociña da residencia xeriátrica La Magdalena. Como cociñeiro xefe estará Ángel López, que cumpre así o segundo ano ó fronte da degustación popular de setas.
Este ano poderase elixir entre dous menús, que teñen en común o entrante, unha empanada de panceta con pleurotus e shitake, e maila sobremesa, un brazo de xitano de cantharelus con marmelada. O primeiro menú incorpora tamén guiso de fabas con níscalos, boletos e améndoas, e tenreira galega con lingua de vaca e níscalo. O segundo menú componse de ensalada de verduras con boletus, cantharelus e noces, e luras recheas con trompeta dos mortos e crema de marisco e de boletus. Para a elaboración dos pratos empregaranse 75 quilos de carne de tenreira, trinta de pito e outros tantos de fabas. Haberá ademáis 180 quilos de cogomelos e cincocentas luras, unha por comensal.
A degustación popular comezará ás doce e media darte, e as racións serviranse ata as dúas e media, no patio do Colexio Santa María. O prato, como en anos anteriores, terá un custe de seis euros.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios